A Festa do Gaiteiro é unha festa celebrada a finais de agosto desde 1973 en Soutelo de Montes, terra natal do gaiteiro Avelino Cachafeiro.

Naceu por iniciativa dos veciños e do concello de Forcarei como homenaxe ó seu gaiteiro predilecto. miniatura|Imaxe da praza do gaiteiro en Soutelo Case un millar de músicos dánse cita na vila ano tras ano.

Breve resumo A festa comeza pola mañá con pasarrúas e concertos en todos os recunchos da vila. Sobre a unha do mediodía ten lugar a lectura do pregón, para despois continuar coa entrega de medallas do Gaiteiro de Soutelo e os discursos institucionais.

Pola tarde ten lugar o Concurso Avelino Cachafeiro de música tradicional para despois entregarse os premios.

O día remata con concerto de grupos de gaitas e de música folk.

Véxase tamén Outros artigos Galería de imaxes de festas de Galicia

Gaiteiro Festa do Gaiteiro Gaiteiro Categoría:Festas de interese turístico de Galicia