miniatura|Palacio do Senado O Senado é a cámara alta das Cortes Xerais, órgano constitucional que representa ao pobo español. É a cámara de representación territorial.

Antecedentes O Senado ten o seu antecedente máis remoto no Estatuto Real, outorgado pola raíña María Cristina, rexente durante a minoría de idade de Isabel II, e que estableceu por primeira vez en España a configuración bicameral das Cortes, ao dividilas en dous Estamentos: o de Próceres do Reino e o de Procuradores do Reino.

O Estamento dos Próceres do Reino tiña unha composición mixta, con membros natos tales como os fillos do rei e os Grandes de España e membros de nomeamento real, limitado a individuos de clase, polo que quedaba unha cámara cuxa natureza correspondía en esencia á representación dos nobres e a xerarquía eclesiástica nas Cortes do Antigo Réxime.

A Constitución de 1837, aprobada como consecuencia dun motín que forzou á raíña rexente a sancionala, recolleu por primeira vez a denominación de «Senado» para a Cámara Alta das Cortes Xerais. O seu primeiro presidente foi José María Moscoso de Altamira, conde de Fontao.

Nas sucesivas Constitucións de 1845, 1856, 1869 e 1876 o Senado figurou como Cámara Colexisladora, en pé de igualdade co Congreso dos Deputados, agás, nalgúns casos, en materia de forzas armadas e de contribucións e crédito público, e ademais tivo en determinadas ocasións reservada a facultade de xulgar aos membros do Goberno acusados pola Cámara Baixa.

Durante a Segunda República Española quedou suprimido o Senado, decisión adoptada na sesión do 27 de outubro de 1931 por 150 votos contra 100. Tras perder a votación, Ángel Ossorio y Gallardo acusou os deputados conservadores e agrarios, que se retiraron do Parlamento, de non apoialo para impedir o triunfo do unicameralismo que preconizaban os socialistas.

Composición Componse de 259 senadores, distribuídos da seguinte maneira: 4 senadores por cada unha das 47 provincias peninsulares. 3 senadores por Gran Canaria, Mallorca e Tenerife (cada unha). 2 senadores por Ceuta e Melilla (cada unha). 1 senador por Eivisa-Formentera, Menorca, Fuerteventura, La Gomera, El Hierro, Lanzarote e La Palma (cada unha). Cada Comunidade autónoma designa un senador e outro máis por cada millón de habitantes residentes no seu territorio.

O Senado é elixido por catro anos.

Funcións Entre as súas funcións está: Integración territorial: Autorización de acordos entre Comunidades Autónomas. Toma de medidas para forzar ás Comunidades Autónomas a cumprir a legalidade. Control do Fondo de Compensación Interterritorial. Lexislativa. Control e impulso político. Control da política exterior.

Composición

Mesa do Senado +Mesa do SenadoCargoTitularListaPresidenta Pedro Manuel Rollán Ojeda PPVicepresidenta primeira Javier Ignacio Maroto Aranzábal PPVicepresidente segundo Concepción Andreu Rodríguez PSOESecretario primeiro Eva Ortiz Vilella PPSecretario segundo María del Mar Blanco Garrido PPSecretario terceiro María de los Ángeles Luna Morales PSOESecretario cuarto Francisco Manuel Fajardo Palarea PSOE

Véxase tamén

Outros artigos Congreso dos Deputados Ligazóns externas Páxina web do Senado de España .