Abre o porco, verás o teu corpo|miniatura|250px

A bo porco, boa landra.Eladio Rodríguez González, s. v. porco. A cada porco chégalle o seu San Martiño.En sentido figurado, significa que ó final todo o mundo ten o seu merecido.Eladio Rodríguez González, s. v. San Martiño. A cada porco lle chega o seu San Martiño. A quen porcos lle faltan, touzas lle roncan.Cando se busca algo con moito interese, calquera cousa nos fai pensar que xa o atopamos. Elixio Rivas Quintas (1978). A todo porco chégalle o seu San Martiño. A todo porquiño lle chega o seu san Martiño. A tódolos porcos lles chega o seu San Martiño. Abre o porco, verás o teu corpo. Abril mata o porco no cobil e maio mátao dun ano.Juan Sobreira Salgado: Papeletas. No texto: mayo, matô. ¡Alegría alegrote, que o rabo do porco está no pote! Anaco de touciño pide trago de viño.Eladio Rodríguez González, s. v. touciño. Ano acabado e porco cebado, son contento e regalo.Eladio Rodríguez González, s. v. ano. Ano de landras, ano de graxas.Real Academia Galega, s. v. ano.Eladio Rodríguez González, s. v. landra. Antes de pan viño, antes de viño touciño, e antes touciño que liño. Antes o pan que o viño e antes o touciño que o viño.Eladio Rodríguez González, s. v. pan. Antes pan que viño, antes viño que touciño, e antes touciño que liño. Ao lacón e ao touciño, grolos de viño.X. L. Franco Grande, s. v. lacón. As verzas quéroas untadas; as patacas, fariñentas e pra compango do porco, quero costelas salpresas.No texto: berzas. Auga de maio, mata o porco dun ano. Auga en maio mata o porco dun ano.Eladio Rodríguez González, s. v. auga. Ave por ave, o porco, se voase.Eladio Rodríguez González, s. v. ave. Bacoriño no celeiro non quer compañeiro.Saudade nº 3, maio 1943, 24-25. Ben boa vida pasa o porco, e máis dorme no cortello. Bicos de porco non chegan ó ceo. Cabrito de mes, porco de tres, muller de dezaoito e home de vinte e tres. Cada porco ten o seu san Martiño. Caldo sin grasa, pan sin tasa.Marcial Valladares Núñez (1884), s. v. caldo.Eladio Rodríguez González, s. v. caldo. Ceba o porco dende agosto se queres que estea gordo. Ceba o teu porco dende agosto se queres que teña bo lombo. Ceba o teu porco dende o mes de agosto, se queres que teña bo lombo. Ceba o teu porco polo agosto se queres ter bo porco. Coa axuda dos veciños, sóbense os gatos os touciños. Coas xarapadas de abril, mexa o porco no cubil.Elixio Rivas Quintas (1978). Define xarapada como chuvieira forte e fría. Comer osos da soá, barba untada e barriga vá.Eladio Rodríguez González, s. v. soá. Comerás do porco e mudarás de acordo. Comerciante e porco, despois de morto. Dálle ó porco do caldeiro, e non do Ribeiro. Das carnes o carneiro, dos peixes o mero, das aves a perdiz e mellor a "codorniz" e se o porco voara a todos lle ganara. Dazasete de xaneiro, Santo Antón lacoeiro De Lestrobe, nin bo porco nin bo home. De pais porcos, fillos marranos.Elixio Rivas Quintas (1988). De rabo de porco nunca bo virote.Eladio Rodríguez González, s. v. rabo. Despois de Santa María, non tóque-lo porco da ría.Santa María, 15 de agosto. O refrán refírese ó mexillón e outros mariscos e está relacionado co consello de non comer marisco nos meses con r, que comezan, precisamente, ó rematar agosto. Día de santo Tomé, colle o porco polo pé.Santo Tomé, 21 de decembro. Día de santo Tomé ó porco polo pé. Díxolle o touciño ó viño: ben veñas, amigo. Do mar, o salmón, e da terra, o lacón.Clodio González Pérez, 142. En abril, a sardiña val pernil.Lino Lema Bouzas, 4. miniatura|300px|En abril inda está o porco no cubil En abril inda está o porco no cubil.Eladio Rodríguez González, s. v. abril. En abril, mata o porco no cubíl, e en maio, mátao dun ano.Real Academia Galega, s. v. abril. No texto: mayo, matao, de un. En abril ronca o porco no cubil. En agosto, o porco pon o entrecosto.Eladio Rodríguez González, s. v. agosto. No texto: pón. En maio o porco vai ó tallo. En maio, nin xantar á mesa sin viño nin pote ó lume sin touciño. En martes, nin porco mates, nin churra botes que pitos saque.Eladio Rodríguez González, s. v. martes. En martes nin te cases nin te embarques nin o teu porquiño mates. En martes non te cases nin te embarques, nin o teu cocho mates, nin o teu pan cozas, nin a túa tea urdas, nin a túa filla cases, nin dos da túa casa te apartes. En martes non te cases, nin te embarques, ni o teu porquiño mates. En xaneiro media arca e medio palleiro e o porco enteiro. Entrecostos e soás, son honra das mesas e ósos pros cas.Eladio Rodríguez González, s. v. entrecosto. Febreiro curto, cos teus días vinteoito, se duraras máis catro, non quedaba can nin gato. Pois deixa, que agora vén meu irmau abril que che ha de matar o porco dun ano no cubil.Elixio Rivas Quintas (1978). Fillo de porco, marrau de seguro. Home sen fortuna: parto de porca en maio e da muller na seitura. miniatura|300px|Home sen fortuna: parto de porca en maio e da muller na seitura Hoxe, cabaleiro, e onte porqueiro.Eladio Rodríguez González, s. v. cabaleiro. Marzo marzán, pola mañán cara de porco e pola tarde cara de can. Marzo marzoso, pola mañán cara de porco, polo serán cara de vran.Eladio Rodríguez González, s. v. marzo. Muller gobernadeira, domingo de Antroido lava a salgadeira. Nadal sen porco non veñan moitos. Namentras capo non asubío. No abril, mata o porco no cubil, e no maio mátao dun ano. No mes de Santos sacha a horta e capa o rancho. No mes dos mortos mata os teus porcos. No mes dos Santos e Defuntos mata os teus porcos e vai facendo bo caldo cos untos. No mes morto nin sáche-lo horto nin cápe-lo porco. No Nadal, alegrote, alegrote, que hai viño na cuba e chourizos no pote. No san Martiño, porco e viño. No san Xoán deixa o touciño e come pan. No santo Tomé, agarra o porco polo pé. Non dá morcilla o que non mata porco. Non hai cocho bon nin ruín que non lle chegue o seu sanmartín. Non quero bácoro que ande con chocallo.Eladio Rodríguez González, s. v. bácoro. Non se fixo o mel pró fuciño do porco.Eladio Rodríguez González, s. v. mel. Non ten entrecosto o que non mata porco. Ó ano torto, horto; ó torto torto, cabra e horto; e ó torto retorto, cabra, horto e porco. O boi e o leitón, en xaneiro crían riñón. O caldo, engrolado, pros porcos é un bo bocado. O can afeito ó touciño, anque lle pele o fuciño.Eladio Rodríguez González, s. v. can. Ó chegar o San Martiño, mátase o porco e próbase o viño. O cocho, no agosto pon o entrecosto.Real Academia Gallega, s. v. agosto. O día de San Lucas mata o teu porco e barra as túas cubas."Barrar as cubas" é tapar calquera greta ou abertura que poida ter a cuba para asegurar a súa hermeticidade. Facíase con lama ou pez.Eladio Rodríguez González, s. v. día. O frío de abril mata o porco no cubil. O frío de abril mata o porco no seu cubil. miniatura|300px|O home e o porco non se conocen ata despois de morto O home e o porco non se conocen ata despois de morto. Ó lacón e ó touciño, tragos de viño.Eladio Rodríguez González, s. v. lacón. O máis ruín porco topa unha boa landra. Ó matar o porco, praceres e xogos; ó comer as morcillas trouladas e risas; e ó pagar o porco, pesares e choros. Ó matar os porcos, praceres e xogos; ó comer as morcillas, praceres e risas; e ó pagar os diñeiros, doos choriqueiros. O neno i o bacoriño, van a onde lle dan un bocadiño.Eladio Rodríguez González, s. v. neno. O pato e o leitón, canto máis axiña vai á cazola, millor.Eladio Rodríguez González, s. v. pato. Ó porco dalle de comer se o has de manter. O porco de maio coa súa nai vai ó tallo. O porco débelo manter se ti o has de comer. O porco do mes de maio vai ó tallo. O porco en agosto pon o entrecosto. O porco i o sogro quixéraos mortos. Ó porco i o xenro ábrelle a porta, que xa él virá cedo. Ó porco manteno, e non lle contes o tempo. O porco no agosto pon o entrecosto. O porco que é pró lobo non hai san Antón que o garde. O porco sarnento revolve o cortello. O que non mata porco, non da morcilla nin entrecosto. O que nunca tivo nada, e chega ter un cochiño, anda sempre pola rúa, currí, currí, currichiño. O que nunca tivo nada, e agora ten un porquiño, anda todo o día, currichí, currichiño. O que porco nace, porco morre. Ó que porcos lle faltan, touzas lle roncan.Touza, como bouza, é un lugar poboado de toxo, silvas, mato. O que queira ter bo entrecosto que cebe no agosto. O que queira un bo entrecosto que o meta no mes de agosto. O rico que queira empobrecer, que cebe porcos pra vender. O sogro e o porco soio son bos despois de mortos O touciño fai o caldo.. Ó touciño, mételle tragos de viño. Onde coidas que hai touciños, hai estacas. Onde hai touciños non hai corres. Onde pensas que hai touciños, non hai tornos pra colgalos. Os aires de abril fan meter o porco no cubil. Os porcos e os grelos, peores se marelos. Ós porcos non se lle dá, préstaselle. Ósos de soán, barba untada e barriga en van. Pola santa Lucía xa o caldo alumía. Polo abril ronca o porco no cubil. Polo san Andrés agarra o porco polos pés, e se non o queres matar, déixao para Navidá. Polo san Andrés hai porcos gordos para vender. miniatura|Polo san Martiño, mata o teu porquiño Polo san Andrés mata o teu porco coma o tes. Polo san Andrés mata o teu porco como é. Polo san Lucas, mata o teu porco e barra as túas cubas. Polo san Lucas solta os bois, mata os porcos e tapa as cubas.Eladio Rodríguez González, s. v. San Lucas. Polo san Martiño, mata o teu porquiño. Polo San Martiño mata o teu porquiño e bebe o teu viño. Polo san Martiño, mete o porco no cortelliño. Polo San Miguel sabe o touciño a mel.Eladio Rodríguez González, s. v. San Miguel. Polo San Simón proba o viño, i o porco polo San Martiño.Eladio Rodríguez González, s. v. viño. Polo san Tomé colle o porco polo pé. Polo san Tomé dálle ó porco polo pé. Polo santo Tomé, dálle polo pé e se non é groso, nunca é. Por san Andrés, agarra o porco polos pés; e se non o queres matar, déixao pra Navidá. Por san Andrés, quen non ten porco, mata a muller. Por San Andrés, toma o porco polo pé.San Andrés, 30 de novembro. Por san Lucas, alza o boi da suca, mata o porco e tapa a cuba. Por san Martiño mata o teu porquiño e proba o teu viño. Por san Pedro, o cocho no medio. Por san Simón e por san Xudas, mata ó teu porco e atesta as túas cubas. Por san Simón e san Xudas, mata o teu porco e atesta as túas cubas. Por Santos, sacha a horta e capa o rancho.Eladio Rodríguez González, s. v. Santos. Porca de xaneiro vai ca súa mai ó fumeiro. Porca no maio vale máis nos comenzos que no cabo.Chámase porca de maio ó temporal que adoita producirse nese mes (Elixio Rivas Quintas 1988). Porco agostado é medio cebado. Porco de febreiro vai co seu pai ó fumeiro.O fumeiro e a estrutura de paus ou táboas que se coloca na cambota da lareira para curar ou secar chourizos. Porco de xaneiro vai ca súa mai ó fumeiro. Porco fiado ronca todo o ano. Porco fiado, inverno e verau malo. Porco limpo nunca engorda. Porco que está sen cebar non se debe matar.. Porco que se está cebando, non hai San Antón que poida gardalo. Porcos e xenros, Dios os acerte. Pra matar o porco tanto ten o día de santa Lucía como pró outro día. Pra o porco e a galiña, que pase a Santa Mariña. Pro ruín porco sempre hai unha boa castaña. Quen porco nace, porco morre. Quen soilo ten un porco faino gordo. San Antón a san Roque meteulle preito porque ó seu porquiño traboullo o cadelo. miniatura|250px|San Antonio co seu porco ía por un camiño, i o porco ía decindo: non me comas o touciño. San Antonio co seu porco ía por un camiño, i o porco ía decindo: non me comas o touciño. San Simón proba o viño e o porco san Martiño. San Xoán come pan e san Andresiño touciño. San Xoán garda a chave do pan, san Martiño a do viño e san Andrés a do porquiño. Santa Lucía anda co porco á porfía.