Sacavém (do ) é unha cidade de Portugal, situada na embocadura do río Texo, ao norte de Lisboa, con 17.659 habitantes e 3,81 km². Atópase a poucos quilómetros ós nordeste da capital portuguesa, Lisboa. A rexión é coñecida pola súa industria de cerámicas.

Xeografía Localizada na parte oriental do concello de Loures, Sacavém limita coas freguesías de Unhos (noroeste), Camarate (oeste), Prior Velho (suroeste), Portela (sur) e Moscavide (sueste). Atópase bañada polos ríos Texo (polo leste) e Trancão, anteriormente chamado río de Sacavém (polo norte, separa esta freguesía da de Bobadela).

Freguesía bastante urbanizada, atópase tradicionalmente dividida en Sacavém de Cima e Sacavém de Baixo, aínda que recentemente xurdiron novas urbanizacións na cidade. Orograficamente, é un espazo pouco accidentado (ten só tres elevacións: o Monte do Convento, o Monte de Sintra e o Monte do Mocho), variando a súa altitude entre os cero e os sesenta metros.

Antigamente, a freguesía abranguía un espazo meirande, tendo perdido, ó longo do tempo, a xurisdición sobre as freguesías veciñas de São João da Talha, Bobadela, Camarate, Prior Velho, Portela, Moscavide, e Santa Maria dos Olivais. Administrativamente, antes de ser integrada no concello de Loures, formou parte do termo municipal da cidade de Lisboa, e despois (1852-1886), do concello dos Olivais.

Véxase tamén

Ligazóns externas Páxina oficial

Categoría:Cidades de Portugal Categoría:Distrito de Lisboa