miniatura|300px|Anneke Van Giersbergen, 2010 Anneke van Giersbergen, nada en Sint Michielsgestel o 8 de marzo de 1973, é a actual cantante e alma do proxecto Agua de Annique, pero é coñecida por se-la cantante e principal compositora da banda holandesa de rock The Gathering.

Durante a súa longa carreira musical coaborou con bandas da escena da música metal e gótica como Lawn, Ayreon e Napalm Death. A súa colaboración máis recente é a que fixo coa banda lusa Moonspell, cantando xunto a Fernando Ribeiro o primeiro sinxelo do disco Night Eternal, "Scorpion Flower".

Traxectoria Durante a súa infancia xa estivo ligada ao mundo da música, presentándose a concursos, colaborando nun coro infantil e máis adiante, tomando clases de canto. Na súa adolescencia pasou por diferentes bandas de diferentes estilos que influíron na súa carreira, como o jazz, o blues e o rock.

O éxito na escena europea chegoulle de mans da banda holandesa The Gathering, na que entrou a formar parte en 1994, cun son con tendencias máis escuras nos seus comezos e que foron evolucionando cos anos a ramas máis suaves; sempre coa característica voz de Anneke, que pronto lle deu recoñecemento no ámbito do rock e metal. Pronto cheganlle proxectos cos que colaborar:

1998, coa banda holandesa Ayreon, no disco, Into a Electric Castle. 2006, aparece no disco Icon II: Rubicon, de John Wetton e Geoffrey Downes. Neste mesmo ano colabora con Napalm Death. 2007, colabora coa banda Within Temptation, facendo dueto coa súa cantante Sharon Den Adel, cantando o tema "Somewhere" para o DVD da agrupación holandesa. 2008, xunto co cantante da banda lusa Moonspell, grava o sinxelo "Scorpion Flower" do disco Night Eternal.

No ano 2007 Anneke separouse de The Gathering para centrarse no seu propio proxecto, Agua de Annique, con influencias que van dende o rock ata o jazz, e co que sacaría o disco titulado Air, ese mesmo ano.

Discografía Con The Gathering EP's Adrenaline / Leaves (1996) Black Light District (2002) Amity (2001)

CD's Mandylion (1995) Nighttime Birds (1997) How to measure a planet? (1998) If then else 2000) Superheat (En directo, 2000) Souvenirs (2003) Sleepy Buildings - A Semi Acoustic Evening (En directo, 2004) Accessories - Rarities and B-Sides (Recompilatorio, 2005) Home (2006) A Noise Severe (En directo, 2007)

DVD's In Motion (2002) A Sound Relief (2005) A Noise Severe (2007)

Con Agua de Annique Air (2007)

Notas Páxina oficial: Agua de Annique Páxina oficial: The Gathering Foro oficial Within Temptation

Categoría:Músicos dos Países Baixos Categoría:Rock