El coronel no tiene quien le escriba é unha novela de Gabriel García Márquez, publicada en 1961.

O seu principal personaxe é o coronel, un vello veterano da Guerra dos mil días entre a actual Colombia e o seu antigo departamento, Panamá. O coronel vive en precaria situación xunto coa súa muller asmática. A única expectativa do coronel para intentar arranxar a súa situación é un galo de pelexa que leva meses coidando, coa esperanza de poder vendelo e conseguir algo de diñeiro.

Categoría:Novelas en castelán Categoría:Obras literarias de 1961 Categoría:Novelas de Gabriel García Márquez