André Bellessort, nado o 19 de marzo de 1866 en Laval e finado o 22 de xaneiro de 1942 en París, foi un poeta e novelista francés.
Biografía O seu pai era profesor de escola, el estudou no instituto Henri-IV e na Escola Normal Superior en París, como profesor comezou a dar clase no instituto de Niza, durante a súa vida laboral deu clases en institutos de diversas cidades, establecéndose en 1899 definitivamente en París. Colaborou en diversos xornais, foi correspondente de Le Temps en Chile, e máis tarde en Bolivia, colaborou tamén con La Revue des deux mondes. En maio de 1895 foi enviado ó Xapón e de volta dunha tempada en Suecia decidiu traducir a Selma Lagerlöf.
Alternou a escrita de poemas, de estilo clásico, e de ensaios literarios, libros de viaxes e exploración. Politicamente estivo próximo a Acción Francesa, deu frecuentemente conferencias no seu Instituto e participou en banquetes do Círculo Fustel-de-Coulanges, xunto con Léon Bérard, o xeneral Weygand e Abel Bonnard. En 1935 foi elixido para a Academia Francesa substituíndo a Henri Bremond.
Obras Mythes et poèmes, 1894 Chanson du Sud, 1896 Reine Cœur, 1896 La Jeune Amérique, 1897 En Escale (de Ceylan aux Philippines), 1900. Perrin, 1927 La Société japonaise, Perrin, 1912 La Roumanie contemporaine Honoré de Balzac et son œuvre, Perrin, 1924 Le Nouveau Japon, Perrin, 1926 Charles Augustin Sainte-Beuve et le dix-neuvième siècle, Perrin, 1927 Les Journées et les nuits japonaises Sur les grands chemins de la Poésie classique Victor Hugo : essai sur son œuvre, Perrin, 1930 L'Apôtre des Indes et du Japon. Saint François Xavier, Perrin, 1931 Les Intellectuels et l'avènement de la Troisième République, Grasset, 1931 La Société française sous Napoléon III, Perrin, 1932 Athènes]et son théâtre, 1934, 1954 Essai sur Voltaire, Cours professé à la société des conférences, Perrin, 1938 Sainte Bathilde Reine de France, Albin Michel, 1941 XVIII et Romantisme, Fayard, 1941 Parmi les âmes étrangères, Perrin, 1942 Virgile, son œuvre et son temps, Perrin, 1943
Véxase tamén Bibliografía Jean-François Sirinelli, Génération intellectuelle. Khâgneux et normaliens dans l'entre-deux-guerres, Fayard, 1988, p. 74-78. ISBN 2-213-02040-X
Ligazóns externas Fiche na Académie française
Categoría:Escritores de Francia Categoría:Escritores en lingua francesa Categoría:Nados en Laval Categoría:Nados en 1866 Categoría:Finados en 1942 Categoría:Novelistas de Francia