O Orlando Magic é un equipo profesional de baloncesto con sede na cidade de Orlando (Florida) que xoga na División Sueste da Conferencia Leste da National Basketball Association (NBA). Xoga os seus encontros como local no Amway Arena e está actualmente adestrado por Scott Skiles. A franquía é propiedade de Orlando Magic, Ltd, unha subsidiaria de RDV Sports, Inc. unha corporación de Míchigan adicada á xestión de equipos deportivos.
O equipo foi fundado en 1989 como unha franquía de expansión. Pese á súa curta historia, grandes estrelas da competición pasaron polas súas filas, como Shaquille O'Neal, Penny Hardaway, Grant Hill, Tracy McGrady, Steve Francis, Dwight Howard, ou Vince Carter. A franquía ademais durante a súa historia conseguiu clasificarse máis veces aos playoffs que que non, xa que até o momento, en 21 tempadas clasificáronse 12 veces. Así, Orlando é o equipo con mellor rexistro de vitorias de tódolos catro equipos que entraron na liga entre 1988 e 1989. Ao ano 2010, son o único equipo das catro grandes ligas profesionais americanas (NBA, NFL, NHL e MLB) con sede na cidade de Florida.
Historia Fundación do equipo miniatura|esquerda|250px|O Orlando Arena. Os Orlando Magic entraron na NBA como unha franquía de expansión en 1989. Un concurso patrocinado polos funcionarios de Orlando Magic e o xornal local Orlando Sentinel permitiu á comunidade suxerir nomes para a súa nova franquía. No concurso recibíronse un total de 4.296 suxestións, reducíndose mediante un proceso de eliminación os nomes a catro: "Heat" (calor), "Tropics" (tropicos), "Juice" (xugo) e "Magic" (maxia).Magic: Behind the Name: the Orlando Magic O 27 de xullo de 1986, anunciouse que o comité elixira Magic para ser o novo nome da franquía de Orlando na NBA.Magic: 20 Years Ago Today - The Magic Begins Os Magic foron unha das catro franquías da nova expansión adxudicados pola NBA xunto cos Charlotte Hornets, Miami Heat e Minnesota Timberwolves. Con todo, inicialmente a NBA tiña a intención de ampliar tan só a tres equipos, cunha soa franquía para Florida, mais como o proceso foi levado a cabo con éxito tanto por Miami como por Orlando, decidiron ampliar aos catro equipos definitivos.The National Basketball Association decided yesterday in a surprise move to expand by four franchises rather than the three originally planned
Así, os Magic, convertéronse na primeira franquía profesional das Grandes Ligas na área de Orlando. A taxa de expansión sería 32,5 millóns dólares. Os Magic contrataron a Matt Guokas como primeiro adestrador do equipo, que axudou a seleccionar a doce xogadores no draft de expansión o 15 de xuño de 1989. Logo, o 27 de xuño de 1989, os Magic elixiron a Nick Anderson como selección número once na primeira rolda do draft, converténdose na primeira selección da historia franquía. O primeiro encontro do equipo chegou o 4 de novembro de 1989 no Orlando Arena (O-Rena) coa visita New Jersey Nets, que gañaron por 106 a 111 nun partido moi rifado. Con todo, a primeira vitoria dos Magic non tardou en chegar, producíndose tan só dous días despois, vencendo os New York Knicks por 118 a 110 en Orlando. Os final da tempada acadou un rexistro de 18 vitorias e 64 derrotas con xogadores como Reggie Theus ou Scott Skiles.
No draft de 1990, os Magic elixiron a Dennis Scott como cuarta selección global. A franquía comezaba a medrar, e ese mesmo ano, o 30 de decembro de 1990, o base do equipo, Scott Skiles, bateu un rexistro histórico da NBA, ao conseguir 30 asistencias na vitoria 155 a 116 sobre Denver Nuggets,Scott Skiles: The Game I'll Never Forget recibindo o premio ao Xogador Máis Mellorado ao final da tempada. Ademais ese mesmo ano bateron outro récord, Dennis Scott, o novato, conseguía 125 triplas nunha soa tempada, a mellor marca dun "rookie" na historia da competición.Magic: Magic History Ao final da tempada foi elixido no mellor quinteto de Rookies. A pesar dunha marca de 31-51, o pavillón encheuse en corenta dos corenta e un partidos xogados na casa.
O 19 de setembro de 1991, a familia DeVos mercou a franquía por 85 millóns de dólares, converténdose o cabeza de familia Richard DeVos no dono da franquía.NBA Orlando Team Sold A tempada 1991-92 foi decepcionante para os Magic, perdéndose numerosos xogadores varios encontros por mor das lesións, por exemplo Dennis Scott tan só xogou 18 partidos. Con escaseza de xogadores o equipo loitou a través dunha de dezasete partidos consecutivos perdidos e terminou cunha marca de 21-61. Con todo, os Magic encheron o pavillón en cada un dos 41 encontros que xogaron en Orlando.
O'Neal e Hardaway miniatura|esquerda|Shaquille O'Neal, elección do draft de 1992 de Orlando e revulsivo da franquía. O rumbo da franquía cambiou totalmente cando conseguiron a primeira elección do draft de 1992. Así, os Magic elixiron a un pivote de 2,16 metros de altura procedente da Universidade de Louisiana State, Shaquille O'Neal, o maior premio do draft dende que os Knick elixiran a Patrick Ewing en 1985.The The Top Pick Is Going to Disney World O'Neal impactou inmediatamente nos Magic, liderando ao equipo a unha marca de 41-41 e sendo de novo a franquía máis mellorada da liga. O'Neal foi All-Star e Rookie do Ano, converténdose dende o primeiro momento nunha das estrela da liga; as súas medias foron de 23,4 puntos, 13,9 rebotes e 3,5 tapóns por partido. Con todo, os Magic non puideron lograr a súa primeira clasificación aos playoffs, empatando no oitavo posto con Indiana Pacers na Conferencia Leste.
Con todo, o non acceder a playoffs tivo a súa parte positiva, xa que a pesar de obter o mellor balance para un equipo que non alcanzou a postempada (e con iso a menor parte posibilidades de obter o número 1 do draft), os Magic conseguiron por segundo ano consecutivo a opción de seleccionar o posto máis alto do draft. Antes do mesmo, Goukas deixou de ser adestrador do equipo, e Brian Hill converteuse no segundo adestrador da historia da franquía. Xa no draft, os Magic seleccionaron a Chris Webber, aínda que o traspasaron inmediatamente a Golden State Warriors a cambio da elección número tres dese mesmo draft, o base da Universidade de Memphis State Anfernee "Penny" Hardaway, e tres futuras eleccións de primeira rolda.Warriors in talks with Webber Coa combinación letal de O'Neal e Hardaway, os Magic convertéronse nun equipo dominante da NBA, logrando 50 vitorias por primeira vez na súa historia e clasificándose a playoffs no cuarto posto do Leste. Con todo, os Pacers varreron aos Magic en primeira rolda, dando por finalizada a campaña para os de Florida.
Na tempada 1994-95, a sexta dos Magic, o equipo fichou como axente libre ao pivote Horace Grant procedente de Chicago Bulls. Asinaron unha marca de 57-25, a mellor do Leste, e gañaron a División Atlántico. En playoffs, eliminaron a Boston Celtics, Chicago Bulls e Indiana Pacers, logrando o acceso ás Finais da NBA. Con todo, os Houston Rockets de Hakeem Olajuwon e Clyde Drexler, acabaron co soño de Orlando varréndoos das Finais cun claro 4 a 0.
Na seguinte tempada, os Magic eran de novo aspirantes a defender o campionato de conferencia tras lograr un balance de 60-22, o mellor na historia da franquía, liderado por O'Neal e Hardaway. Con todo, o equipo finalizou segundo no Leste por detrás dos intratables Bulls das 72 vitorias en tempada regular. En playoffs, despois de que eliminasen do seu camiño a Detroit Pistons e Atlanta Hawks, os de Chicago tomáronse o desquite do ano anterior nas Finais de Conferencia, derrotando aos Magic en catro partidos.
Na tempada 1995-96, os Magic volveron a estar nos posto de cabeza da Conferencia Leste e da Atlántico cun rexistro de 60–22 liderados de novo por Shaq e Penny; con todo, os Magic finalmente remataron no segundo posto da Conferencia debido a que os Chicago Bulls acababan de conseguir o mellor rexistro da historia da NBA, 72 gañados por 10 perdidos. Nos despois de eliminar a Detroit Pistons e Atlanta Hawks, Orlando atopouse cos Bulls nas finais de Conferencia. A combinación de Michael Jordan, Scottie Pippen e o reboteador Dennis Rodman foi demasiado para os Magic, que perderon a eliminatoria por 4 a 0.
A marcha de O'Neal miniatura|Doc Rivers. En pretempada, O'Neal asinou como axente libre por Los Angeles Lakers, recibindo así a franquía un enorme golpe. Con todo, os Magic realizaron unha boa tempada cun balance de 45-37 liderados por Hardaway, Darrell Armstrong e a nova fichaxe Rony Seikaly. A metade da campaña 1996-97, o equipo despediu Brian Hill e nomeou a Richie Adubato adestrador interino para o resto de tempada. En playoffs, caeron ao primeiro de vez ante uns fortes Miami Heat.
Os Magic ficharon a Chuck Daly para que se convertese no adestrador xefe na tempada 1997-98. A pesar da esperanza que había depositada, Hardaway tívose que perder a maior parte da tempada debido ás lesións, o que debilitou moito ao equipo. Anderson e o recentemente fichado Bo Outlaw guiaron a Orlando a un 41-41, insuficiente para acceder a playoffs. Ademais, Seikaly foi traspasado durante a tempada a New Jersey Nets.
Na 1998-99, coas adquisicións de Matt Harpring e Michael Doleac, un Hardaway san e Anderson, os Magic conseguiron a mellor marca da Conferencia Leste na acurtada campaña debido ao peche patronal; 33-17. Armstrong foi un dos xogadores máis destacados do equipo, gañando os premios ao Xogador Máis Mellorado e Mellor Sexto Home. Ademais, os Magic contrataron ao mítico Dominique Wilkins xunto co seu irmán Gerald, aínda moi útiles para o equipo a pesar da súa experiencia. Con todo, nos playoffs, os Philadelphia 76ers do miúdo Allen Iverson frearon a Orlando en primeira rolda por 3-1.
En 1999, o "general manager" John Gabriel fichou como adestrador a Doc Rivers, sendo esta a súa primeira experiencia nos bancos. Gabriel desmontou o equipo traspasando a Hardaway a Phoenix Suns por Danny Manning (quen nunca chegaría a xogar en Orlando), Pat Garrity e dúas futuras roldas de draft. Os Magic estaban formados por xogadores novos e pouco experimentados que incluían ao capitán Armstrong, Outlaw, un mozo Ben Wallace, e o adestrador Rivers. A pesar diso, lograron un 41-41, perdendo por pouco a posibilidade de entrar en playoffs. Rivers foi nomeado Adestrador do Ano, nunha campaña caracterizada pola lema "Heart and Hustle" (con corazón e dende abaixo), debido ao estilo traballador do equipo.
A era de McGrady miniatura|Tracy McGrady. Na tempada 2000-01, os Magic contaban cun grande espazo no límite salarial, polo que Gabriel tentou as fichaxes de Tim Duncan, Grant Hill e Tracy McGrady. A pesar de que Duncan optou por permanecer nos Spurs, os Magic contrataron a Hill, un perenne All-Star, e a McGrady. Lamentablemente, Hill só puido xogar catro partidos na tempada antes de lesionarse o nocello, polo que McGrady tivo que coller as rendas do equipo e converterse nun dos máximos anotadores da tempada. Coa chegada do novato Mike Miller (posteriormente Rookie do Ano), os Magic lograron un balance de 43-39, polo que regresaban a playoffs. Na postemporada, Milwaukee Bucks eliminou a Orlando en primeira rolda en catro partidos.
Na 2001-02, McGrady liderou aos Magic a unha marca de 44-38. Con todo, Hill volveu lesionarse e perdeuse a maior parte da tempada. McGrady, combinado con Armstrong, Miller, e o tirador Garrity, formou o corazón daquel equipo. Xa en playoffs, os Magic caeron de novo en primeira rolda en catro partidos ante Charlotte Hornets.