miniatura A electrólise é un fenómeno de descomposición química dun soluto por unha corrente eléctrica continua que atravesa a disolución. Os catións, cargados positivamente, por exemplo, ións metálicos, deposítanse no cátodo, e os anións, cargados negativamente, por exemplo, ións halóxenos, fano no ánodo. A cantidade de cada elemento que se deposita nun eléctrodo é proporcional á cantidade de corrente que atravesa a disolución.

Este proceso ten varias aplicacións, como por exemplo, o de purificador de substancias e tamén é un sistema de separación de isótopos para obter auga pesada de ata un 99% de pureza. Úsase tamén na obtención de metais alcalinos e algúns outros metais pesados, co que se consegue un excelente grao de pureza. Tamén se utiliza na obtención do hidróxeno, na análise electrolítica e en galvanotecnia. Historia miniatura|Vídeo que describe o proceso de redución electrolítica utilizado nunha exposición no Museo Infantil de Indianápolis dentro da exposición Treasures of the Earth. O vídeo describe o proceso electrolítico tal e como se está a producir no canón do Capitán Kidd, que está en exhibición e actualmente está en proceso electrolítico. Foi descuberta accidentalmente en 1800 por William Nicholson mentres estudaba o funcionamento das baterías. Entre os anos 1833 e 1836 o físico e químico inglés Michael Faraday desenvolveu as leis da electrólise que levan o seu nome e acuñou os termos.

Notas

Véxase tamén

Electrólise de auga alcalina Proceso Castner-Kellner Célula electrolítica Enxeñaría electroquímica Lei de Faraday da electrólise Constante de Faraday Eficiencia de Faraday Corrosión galvánica Galvanoluminiscencia Proceso Hall–Héroult Electrólise de alta presión Sobrepotencial Ciclo termoquímico Cronoloxía das tecnoloxías do hidróxeno Electrólise PEM

Categoría:Electroquímica Categoría:Procesos químicos