Lista de reis musulmáns da Taifa de Valencia, dende a caída do Califato de Córdoba até a conquista de Xaime I:
Emires independentes Mubarak (Mbarek) e Muzzafar, cara ao 1011-1020. Lebil de Tortosa, cara ao 1020-1021. Al Mansur Abd al-Aziz ben Abi Amir, 1021-1061. Abd al-Melek ben al-Mansur Modafar, 1061-1064. Abu Bekr ben Abd al-Aziz, gobernador toledán 1064-1075, rei 1075-1085. Othman ben Abu Bekr, 1085. Yahya Al-Qadir, 1085-1092 (de Toledo 1079-1085 goberna só en Valencia de 1085 a 1092) Yafar ibn Abd Allah ibn Yahhaf, presidente dunha especie de república, 1092-1094. Rodrigo Díaz de Vivar el Cid, 1092-1099. Ximena Díaz, 1099-1102
Valís almorábides Gobernadores almorábides, 1102-1144. Revolta contra os Almorábides (1144-1147)
Emires independentes Abu Malik Marwan ibn Abd al-Aziz, 1145-1145. Abd Al·làh ibn Sa'd ibn Mardanix, valí ou gobernador de Valencia 1145-1146 en nome de Ibn 'Iyad, gobernador de Murcia. Abd Al·làh ibn Iyad, de xaneiro a febreiro de 1146. Abd Al·làh ibn Jarak ats-Tsagri, de maio a setembro de 1146. Abd Al·làh ibn Iyad 1146-1147. Muhammad ibn 'Abd Allāh ibn Sa'd ibn Mardāniš, fillo do anterior, valí ou gobernador de Valencia, en nome de Ibn 'Iyad, 1146-1147. Despois rei da Taifa de Murcia 1147-1172, máis coñecido coma Rei Lobo. Abu al-Hajjaj Yúsuf ibn 'Abd Al·làh ibn Sa'd ibn Mardanix, irmán do anterior, gobernador da Taifa de Valencia 1147-1171, baixo o Rei Lobo.
Valís almohades gobernadores almohades, 1171-1225. Abu al-Hajjaj Yúsuf ibn 'Abd Al·làh ibn Sa'd ibn Mardanix. En 1171 someteuse ao emperador almohade (1171-1186). Zayd Abu Zayd Muhammad al-Mansur, 1225-1238 (despois de 1229 só controlou o norte da taifa de Valencia (sen incluír a cidade), coma o vasalo de Jaume I; despois de 1233 perdeu o control ao norte da Plana). Abu al-Jumayl Zayyan ibn Sa'd ibn Mardanix, neto de Abu al-Hajjaj Yúsuf 1228-1238 (só en parte da taifa).
Categoría:Historia da Comunidade Valenciana Categoría:Listas de monarcas