A pneumonía (do grego pneumon, 'pulmón', e este de pneuma, 'sopro, respiración'Etimologías de Chile), pulmoníaDiccionario galego de Termos Médicos. 2002. Real Academia de Medicina e Cirurxía de Galicia. Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. Páxina 617. ou pneumonite é unha inflamación dos pulmóns e das vías respiratorias en xeral, que causa efectos secundarios coma febre, mucosidade, tose etc. Consiste na inflamación dos espazos alveolares dos pulmóns.EMedicineDictionary pneumonia A maioría das veces a pneumonía é infecciosa, pero non sempre é así. A pneumonía pode afectar a un lóbulo pulmonar completo (pneumonía lobular), a un segmento de lóbulo, aos alvéolos próximos aos bronquios (broncopneumonía) ou ao tecido intersticial (pneumonía intersticial). A pneumonía fai que o tecido que forma os pulmóns se vexa colorado, inchado e produza dor. Os pacientes non sempre ingresan no hospital e moitos son tratados polo médico de cabeceira. A pneumonía adquirida na comunidade (NAC) ou extrahospitalaria é a que se adquire fóra dos hospitais, mentres que a pneumonía nosocomial (NN) é a que se adquire durante a estancia hospitalaria transcorridas 48 horas ou dúas semanas despois de recibir a alta.

A pneumonía pode ser unha enfermidade grave se non se detecta a tempo, e pode chegar a ser mortal, especialmente entre persoas de idade avanzada e entre os inmunodeprimidos. En particular os pacientes de SIDA contraen frecuentemente a pneumonía por Pneumocystis (un fungo). As persoas con fibrose quística teñen tamén un alto risco de padecer pneumonía debido a que continuamente se acumula fluído nos seus pulmóns.

Pode ser moi contaxiosa, xa que os xermes que a causan se diseminan rapidamente no aire, por medio de espirros, tose e mucosidade; un paciente que padeceu pneumonía pode quedar con secuelas desta no seu organismo por moito tempo, isto faino potencialmente contaxioso e as persoas máis propensas a contraela son as que están sufrindo unha gripe, ou un cadro asmático, entre outras doenzas do aparato respiratorio.

Fisiopatoloxía Tipos de pneumonía200px Pneumonías infecciosas Pneumonía bacteriana Pneumonía vírica Pneumonía por fungos Pneumonía por parasitos Pneumonía atípica Pneumonía adquirida na comunidade Pneumonía asociada a ventilación mecánica Síndrome agudo respiratorioPneumonías causadas por axentes infecciosos ou non infecciosos Pneumonía aspirativa Pneumonía lipoidea Pneumonía eosinófila Bronquiolite obliterante con pneumonía organizativaPneumonías non infecciosas Pneumonía química

Os casos de pneumonía infecciosa a miúdo presentan unha tose que produce un esputo (flegma) de cor marrón ou verde e unha febre alta que pode ir acompañada de calafríos febrís. A dispnea (dificultade respiratoria) é o signo temperán máis específico e sensible. A dor torácica pleurítica tamén é común, (dor aguda ou punzante que aparece ou empeora coa tose e coa respiración profunda.) Os enfermos de pneumonía poden tusir sangue (hemoptise), sufrir dores de cabeza ou presentar unha pel suorenta e húmida. Outros síntomas posibles son falta de apetito, cansazo, cianose, náuseas, vómitos e dores articulares ou musculares. As formas menos comúns de pneumonía poden causar outros síntomas, por exemplo, a pneumonía causada pola legionella, xa que pode causar dores abdominais e diarrea,Varios autores. Brote epidémico de neumonia por Legionella pneumophila en niños cubanos Hospital Pediátrico Universitario “William Soler”. Consultado o 10 de maio de 2013. mentres que a pneumonía provocada por tuberculose ou pneumocystis pode causar unicamente perda de peso e suores nocturnos. Nas persoas maiores, a manifestación da pneumonía pode non ser típica. Poden desenvolver unha confusión nova ou máis grave, ou experimentar desequilibrios, provocando caídas.Marcano Pasquier, Rigoberto. Las neumonías Medicina Preventiva Santa Fe. Consultado o 10 de maio de 2013. Os nenos con pneumonía poden presentar moitos dos síntomas mencionados, pero en moitos casos simplemente están adormentados ou perden o apetito.

Os síntomas da pneumonía requiren unha avaliación médica inmediata. A exploración física por parte dun asistente sanitario pode revelar febre ou ás veces unha temperatura corporal baixa, unha velocidade de respiración elevada (taquipnea), unha presión sanguínea baixa (hipotensión), un ritmo cardíaco elevado (taquicardia), ou unha baixa saturación de osíxeno (SatO2), que é a cantidade de osíxeno na hemoglobina ben revelada por pulsioximetría ou por gasometría arterial (GASA). Os enfermos que teñen dificultades para respirar (dispnea), están confundidos ou presentan cianose (pel azulada) necesitan de atención inmediata.

A exploración física dos pulmóns pode ser normal, pero a miúdo presenta unha expansión (amplexión) minguada do tórax no lado afectado, respiración bronquial auscultada con estetoscopio (sons máis ásperos provenientes das vías respiratorias máis grandes, transmitidos a través do pulmón inflamado e consolidado) e estertores perceptibles na área afectada durante a inspiración. A percusión pode ser apagada (mate) sobre o pulmón afectado, pero cunha resonancia aumentada e non minguada (o que a distingue dun encoro pleural). Aínda que estes signos son relevantes, resultan insuficientes para diagnosticar ou descartar unha pneumonía; de feito, en estudos demostrouse que dous médicos poden chegar a diferentes conclusións sobre o mesmo paciente. Virus Os virus necesitan invadir as células para a súa reprodución. Normalmente os virus chegan ao pulmón a través do aire, sendo inhalados pola boca ou o nariz, ou ao inxerir un alimento. Unha vez no pulmón, os virus invaden as células de revestimento das vías aéreas e os alvéolos. Esta invasión a miúdo conduce á morte celular, xa sexa directamente ou por medio de apoptose. Cando o sistema inmune responde á infección viral provoca máis dano pulmonar. Os leucocitos, principalmente os linfocitos, activan unha variedade de mediadores químicos de inflamación ―como son as citoquinas, que aumentan a permeabilidade da parede bronquio alveolar permitindo o paso de fluídos―. A combinación de destrución celular e o paso de fluídos ao alvéolo empeora o intercambio gasoso.

Ademais do dano pulmonar, moitos virus infectan a outros órganos e poden interferir múltiples funcións. A infección viral tamén pode facer máis susceptible ao hóspede á infección bacteriana.Neumonía viral Medline Plus. Consultado o 10 de marzo de 2013.Neumonía viral Allina Health. Consultado o 10 de marzo de 2013.

As pneumonías virais son causadas principalmente polo virus da influenza, virus sincitial respiratorio, adenovirus. O virus do herpes é unha causa rara de pneumonía excepto en recentemente nados. O citomegalovirus pode causar pneumonía en inmunodeprimidos.Pérez Chica, G. Infecciones respiratorias en el paciente inmundodeprimido Neumosur. Consultado o 10 de maio de 2013.

O virus SARS-CoV-2, causante da pandemia de COVID-19, presenta nos seus casos graves pneumonía. Foi precisamente o gran número de casos de pneumonía de orixe descoñecida reportados na provincia chinesa de Wuhan en decembro de 2019 o que fixo que a enfermidade fose detectada. Fungos A pneumonía fúnxica é infrecuente, pero é máis frecuente en persoas co sistema inmunitario debilitado debido á SIDA, fármacos inmunosupresores ou outros problemas médicos. As causas máis frecuentes son Histoplasma capsulatum, Blastomyces, Cryptococcus neoformans, Pneumocystis jirovecii (pneumonía por pneumocystis, ou PCP) e Coccidioides immitis. A histoplasmose é máis común na conca do río Mississippi, e a coccidioidomicose é máis común no suroeste dos Estados Unidos. O número de casos de pneumonía fúnxica foi en aumento na segunda metade do século XX debido ao incremento das viaxes e das taxas de inmunosupresión na poboación. Para as persoas infectadas por VIH/SIDA, a PCP é unha infección oportunista frecuente.. Parasitos Diversos parasitos poden afectar os pulmóns, como Toxoplasma gondii, Strongyloides stercoralis, Ascaris lumbricoides, e Plasmodium malariae. Estes organismos adoitan entrar no corpo a través do contacto directo coa pel, a inxestión ou a través dun insecto vector. Excepto o parasito paragonimus westermani, a maioría dos parasitos non afectan especificamente os pulmóns, senón que afectan os pulmóns de forma secundaria a outros sitios. Algúns parasitos, en particular os pertencentes aos xéneros Ascaris e Strongyloides, estimulan unha forte reacción eosinofílica, que pode dar lugar a unha pneumonía eosinofílica. Noutras infeccións, como a malaria, a afectación pulmonar débese principalmente á inflamación sistémica inducida por citoquinas. No mundo desenvolvido, estas infeccións son máis frecuentes en persoas que regresan de viaxe ou en inmigrantes.En todo o mundo, a pneumonía parasitaria é máis frecuente nos inmunodeficientes. Non infeccioso Pneumonía intersticial idiopática ou pneumonía non infecciosa é unha clase de enfermidade pulmonar difusa. Inclúen dano alveolar difuso, pneumonía organizativa, pneumonía intersticial inespecífica, pneumonía intersticial linfocítica, pneumonía intersticial descamativa, enfermidade pulmonar intersticial por bronquiolite respiratoria e pneumonía intersticial habitual. A pneumonía lipoidea é outra causa pouco frecuente debida á entrada de lípidos no pulmón. Estes lípidos poden ser inhalados ou propagarse aos pulmóns desde calquera outra parte do corpo. Causas miniatura|A bacteria Streptococcus pneumoniae, é unha causa moi común de pneumonía, aquí vista con microscopio electrónico. A pneumonía está causada principalmente por infeccións de bacterias ou virus e máis raramente por fungos e parasitos. Aínda que se identificaron máis de 100 cepas de axentes infecciosos que a poden causar, só uns poucos son os responsables da maioría dos casos. As infección mixtas con virus e bacterias poden tamén darse en ata o 45% das infeccións en nenos e o 15% das infeccións en adultos.Ruuskanen, O; Lahti, E; Jennings, LC; Murdoch, DR (2011-04-09). "Viral pneumonia". Lancet 377 (9773): 1264–75. doi:10.1016/S0140-6736(10)61459-6. PMID 21435708. En aproximadamente a metade dos casos non se pode illar o axente causante, a pesar de que se fagan probas e exames coidadosos.Ebby, Orin (Dec 2005). "Community-Acquired Pneumonia: From Common Pathogens To Emerging Resistance". Emergency Medicine Practice 7 (12).

O termo pneumonia é ás veces aplicado amplamente tamén a calquera condición non infecciosa que orixine inflamación nos pulmóns, como nas causadas por enfermidades autoinmunes, queimaduras químicas ou reaccións a drogas, tamén chamadas pneumonite. Os axentes infecciosos foron divididos historicamente en "típicos" e "atípicos" baseándose na súa suposta presentación, pero a evidencia non apoia esta distinción, polo que xa non se salienta o seu uso.Murray and Nadel's textbook of respiratory medicine (5th ed.). Philadelphia, PA: Saunders/Elsevier. 2010. ISBN 1-4160-4710-7. Chapter 32.

Entre as condicións e factores de risco que predispoñen á pneumonía están os seguintes: fumar, inmunodeficiencia, alcoholismo, enfermidade pulmonar obstrutiva crónica, enfermidade renal crónica, e enfermidade hepática. O uso de medicamentos supresores de ácidos, como os inhibidores da bomba de protóns ou H2 bloqueantes, está asociado tamén cun incremento do risco. A idade avanzada predispón á pneumonía.

Bacterias