Ōtsu (大津市, おおつし, Ōtsu-shi) é unha cidade e concello xaponés da prefectura de Shiga, capital da súa prefectura. Está situado ao suroeste da prefectura, no centro-leste da rexión de Kinki e no centro-oeste da illa de Honshu. Ten 464,1 km² de superficie, unha poboación de 331.084 habitantes (2009) e unha densidade de poboación de 713 hab./km².

O concello de Ōtsu limita cos concellos de Kusatsu, Rittō, Kōka, Takashima (que son da prefectura de Shiga); Kyoto, Uji e Ujitawara (que son da prefectura de Kyoto).

Turismo e lugares de interese Enryaku-ji (延暦寺, えんりゃくじ). Mii-dera (三井寺, みいでら) - O nome oficial é Onjō-ji (園城寺, おんじょうじ). Ishiyama-dera (石山寺, いしやまでら).

Cidades irmandadas Lansing (1969). Interlaken (1978). Würzburg (1979). Mudanjiang (1984). Gumi (1990).

Galería de imaxes

Véxase tamén Outros artigos Lista de concellos do Xapón

Ligazóns externas Sitio web oficial da cidade de Ōtsu .

Categoría:Prefectura de Shiga Categoría:Concellos do Xapón