Isaias Afewerki, nado en Asmara, Imperio de Etiopía, o 2 de febreiro de 1945, é un político eritreo, que é presidente de Eritrea dende 1993.

En 1966 incorporouse á Fronte para a Liberación de Eritrea (FLE) e viaxou a República Popular da China onde ingresou no Exército para a súa formación. Máis tarde foi co-fundador da Fronte Popular para a liberación de Eritrea, e foi nomeado Secretario Xeral en 1987. Despois da independencia do seu país, converteuse no primeiro Presidente e dirixiu os enfrontamentos armados que se aconteceron despois con Etiopía. Converteu o FPLE en Fronte Popular para a Democracia e a Xustiza (PFDJ) que funciona como partido único.

Considerado por moitos analistas internacionais como un ditador, non convocou eleccións libres desde o seu acceso á Presidencia.

Notas

Afewerki, Isaias Categoría:Nados en Eritrea