Francisco Xavier Alcalá Navarro, máis coñecido como Xavier Alcalá, nado en Miguelturra (Cidade Real) o 19 de agosto de 1947, é un escritor galego.

Traxectoria Viviu en Ferrol dende a infancia,Autobiografía na Biblioteca Virtual Galega e estudou no Instituto Concepción Arenal desa cidade. Estudou Enxeñaría de Telecomunicación na Escola Técnica Superior de Enxeñaría e Sistemas de Telecomunicación da Universidade Politécnica de Madrid. Doutorouse en Informática no Departamento de Electrónica e Sistemas da Facultade de Informática da Universidade da Coruña. Foi profesor asociado de dita facultade, e impartiu docencia tamén na Facultade de Xornalismo da Universidade de Santiago de Compostela, a Universidade Católica Arxentina e a Escola de Organización Industrial de Madrid.

Traballou como auxiliar de laboratorio en Generale di Telefonia de Elettronica (1973-74), foi enxeñeiro de mantemento en Onuba (Teledyne Isotopes) (1974-75), director técnico rexional da Compagnie Xeral de Radiologie (Thomson-CSF) (1975-77), delegado rexional de Hispano Electrónica (1977-81), director comercial de Gaélico (1981-84), delegado técnico-comercial de Sintel (1984-86), director técnico da Corporación de Radio e Televisión de Galicia (1986-88), subdirector de Sintel Noroeste (1988-94), consultor asociado a Lógica Sistemas de Información (1994-95), director técnico do Centro de Innovación e Servizos de Galicia (1995-2003), conselleiro de Emetel Sistemas e asesor de Tecnoloxías da Información e a Comunicación do Centro de Innovación e Servizos de Galicia.

Colaborou con xornais como El Correo Gallego, El Mundo, Diario de Ferrol e La Voz de Galicia, con series como «Os xuramentados», «Desde a última trincheira», «O impaís», «Do caderno ó prelo». Entre 1976 e 1979 foi responsábel da sección Arco da Vella en El Ideal Gallego.A lingua galega: historia e actualidade. Actas do I Congreso Internacional: A Lingua Galega: Historia e Actualidade, Consello da Cultura Galega, páx. 435 No Grial 229: O país dos alcumes.

Foi o primeiro presidente da AGAL. Escribiu cancións para Andrés do Barro, como "Teño saudade", "A uns ollos verdes", "Rapaciña" ou "Fogar de Breogán".

Vida persoal

É irmán do arquitecto Alfredo Alcalá. Ten tres fillos: Santiago (1975), Luis (1978) e Inés Alcalá Baillie (1981).

Obras Narrativa

Novela A insua (1978). Lugo: Alvarellos. ISBN 978-8485311231. A nosa cinza (1980). Santiago: Editorial Follas Novas. Ademais tivo dúas edicións na Editorial Nós e quince en Galaxia: 242 páxs. ISBN 978-84-9151-409-1 (5ª). En castelán El calor de la ceniza (2020), Amazón. Manuel Cráneo fixo unha versión en libro ilustrado de historietas en galego (A nosa cinza, 2023, Demo Ed., ISBN 978-84-126-120-9-7) e castelán (Nuestra ceniza, 2025, La Cúpula, ISBN 978-84-10-26438-0). Fábula (1980). Vigo: Galaxia. 292 páxs. ISBN 978-84-9865-601-5 (2015). Publicado en castelán en Pulp Books. Nos pagos de Huinca Loo (1982). A Coruña: Editorial Nós.20px Alcalá lendo un fragmento de Nos pagos de Huinca Loo.Traducido ao castelán. En 1992: Galaxia, 284 páxs. ISBN 978-84-7154-837-5. Tertúlia (1985). Santiago: Sotelo Blanco, col. Medusa. ISBN 978-84-86021-20-7. Fumes de papel (1988). A Coruña: Vía Láctea Edicións. En 2004: Galaxia, Costa Oeste, 168 páxs. ISBN 9788482886794. Cárcere verde (1990). Vigo: Galaxia. Editado en castelán co título Contra el viento en 1993. Latitude austral (1991). Vigo: Galaxia. 168 páxs. ISBN 978-84-7154-808-5 (2ª). Código morse (1996). Vigo: Xerais. 176 páxs. ISBN 9788475079844. Editado en castelán co mesmo título en 1997. Alén da desventura (1998, Vigo: Galaxia. Traducido ao castelán. Edición de 2022 con ilustracións de Siro, 352 páxs. ISBN 978-84-9151-901-0. Entre fronteiras (2004). Vigo: Galaxia. 348 páxs. ISBN 978-84-8288-667-1. Editado en castelán co título Entre fronteras en 2006. 1ª entrega da triloxía Evanxélica memoria que narra a historia da represión das comunidades evanxélicas en Galicia no primeiro terzo do século XX. Nas catacumbas (2005). Vigo: Galaxia. 424 páxs. ISBN 978-84-8288-802-6. Traducido ao castelán. 2ª entrega da triloxía Evanxélica memoria. Unha falsa luz (2007). Vigo: Galaxia. 474 páxs. Traducido ao castelán. 3ª entrega da triloxía Evanxélica memoria. Verde oliva (2012). Vigo: Galaxia. 416 páxs. ISBN 978-84-9865-447-9. The making of (2018) Vigo: Galaxia. 496 páxs. ISBN 978-84-9151-178-6. Editado en castelán co título A mala sangre en 2021. A capital do mundo (2024). Vigo: Galaxia. 366 páxs. ISBN 978-84-1176-317-2. miniatura|Presentación de Nuestra ceniza (baseado na súa novela) xunto co autor Manuel Cráneo e Natalia Mosquera (editora). Libraría Paz, Pontevedra, 08/11/2025Comandantes e familiares (2025). Vigo: Galaxia. 358 páxs. ISBN 978-84-1176-480-3.

Relatos Voltar, seis personaxes e un fado (1972). Vigo: Galaxia.Bibliografía no blog de Xavier Alcalá , contén as imaxes das portadas de tódolos seus libros. 123 páxs. ISBN 9788471546012. O Larvisión e outros relatos (1984). Vigo: Xerais. 152 páxs. ISBN 9788475071268. Contos das Américas (1992). Vigo: Xerais. ISBN 978-8475076676. Traducido ao castelán. Contos do impaís (1992). Vigo: Xerais. ISBN 9788475076669. Evaristo do cine (1992). Contos do Castromil. Hotel Damasco (1995). Vigo: Nigra. 82 páxs. ISBN 9788487709418. O tafetán (2003). Ferrol: Edicións Embora.

Ensaio

Cartas ao Cholo (2019). A Coruña: Medulia Ed. 224 páxs. ISBN 978-84-948102-8-2. (artigos) Arxentina inmensa (2026). Vigo: Galaxia. 262 páxs. ISBN 978-84-1176-626-5.

Crónicas de viaxes Arxentina (1990). Vigo: Xerais. 226 páxs. ISBN 978-8475075228. Viaxes no país de Elal (1992). Vigo: Galaxia. 220 páxs. ISBN 9788471548344. La Habana Flash (1998). Vigo: Galaxia, col Continental. 228 páxs. ISBN 978-84-8288-239-0. Traducido ao castelán.

Traducións A illa do tesouro, de Robert Louis Stevenson (1984). Vigo: Xerais. Do inglés ao galego.Ficha do escritor na editorial Xerais Estudio en escarlata, de Arthur Conan Doyle (1986). Vigo: Xerais. Do inglés ao galego.

Obras colectivas A fundición e outras narracións, 1978, Ediciós do Castro. O larvisión e outros relatos, 1981, Ediciós do Castro. Antoloxía do conto galego, 1989, Galaxia. Caderno de viaxe, 1989, Xerais. 12 anos na búsqueda da nosa identidade, 1990, Asociación Cultural Xermolos, canda Alfonso Blanco Torrado. Contos da xustiza, 1991, Ir Indo Edicións. Aí está o conto, 1992, Xunta de Galicia. Manual e escolma do relato galego, 1995, Sotelo Blanco. Relatos, 1995, Laiovento. Berra liberdade, 1996, Galaxia. Unha liña no ceo, 1996, Xerais. Alguén agarda que volva alí, 1998. Paisaxes con palabras, 2001, Galaxia. Poetas e narradores nas súas voces. I, 2001, Consello da Cultura Galega. Longa lingua, 2002, Xerais. Alma de beiramar, 2003, Asociación de Escritores en Lingua Galega. Carlos Casares. A semente aquecida da palabra, 2003, Consello da Cultura Galega. Fóra de obxectivo, 2003, A Nosa Terra. Narradio. 56 historias no ar, 2003, Xerais. Seis ferroláns, 2003, Edicións Embora. Antoloxía do conto galego do século XX, 2006, Galaxia. Contos de agardar, 2007, Asociación de Funcionarios pola Normalización Lingüística. A Coruña á luz das letras, 2008, Trifolium.

Premios Premio Modesto R. Figueiredo en 1975 con A fundición. Fábula (1980), Premio Cidade da Coruña, Premio da Crítica Española. Premio Francisco Lanza en 1981 con O larvisión. Certame Manuel Murguía de narracións breves en 1993 con Relación de feitos de sangue (ex aequo). Premio Concello de Vilalba en 1995 con Hotel Damasco. Premio Blanco Amor no 1998 con Alén da desventura. Premio da Crítica Galicia no 2006 con Nas catacumbas.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas Páxina oficial Ficha de Xavier Alcalá na Biblioteca Virtual Galega Entrevista de Literatura Galega do S.XX do alumnado do IES Manuel García Barros

Categoría:Xavier Alcalá