Christian Charles Philip Bale, nado o 30 de xaneiro de 1974 en Haverfordwest, é un actor británico nado en Gales de pais surafricanos de orixe inglesa.
Traxectoria Bale deuse a coñecer cando foi elixido para o papel protagonista do filme de Steven Spielberg O imperio do sol (1987) á idade de 13 anos, interpretando un neno inglés ó que separan da súa familia e que se atopa perdido nun campo de internamento xaponés durante a segunda guerra mundial. Desde entón foi o protagonista de diversas películas independentes e grandes superproducións que o fixeron moi popular en todo o mundo, entre a súa filmografía destacan American Psycho, O maquinista, dous filmes do súper-heroe Batman (Batman empeza e O cabaleiro escuro), O prestixio e Terminator Salvation, onde interpreta a John Connor. Destaca pola súa versatilidade, o seu dominio de diferentes acentos da lingua inglesa, e os seus duros réximes alimenticios, o que lle permite gañar ou perder moito peso segundo o papel que teña que interpretar.
Gañador dun Globo de Ouro e dun Óscar á mellor interpretación masculina de repartimento pola súa interpretación de Richard "Dicky" Eklund no filme The Fighter.
Filmografía + Lista de créditos de cine e televisión Ano Título Papel Notas 1986 Anastasia: The Mystery of Anna Alexei Nikolaevich Telefilme 1987 Heart of the Country Ben Harris Miniserie de tv 1987 Mio min Mio BenkeJum-Jum 1987 O imperio do sol Jamie "Jim" Graham 1989 Henry V Rapaz de Falstaff 1990 Treasure Island Jim Hawkins Telefilme 1991 A Murder of Quality Tim Perkins Telefilme 1992 Newsies Jack "Cowboy" KellyFrancis Sullivan 1993 Swing Kids Thomas Berger 1994 Prince of Jutland Amled 1994 Little Women Theodore "Laurie" Lawrence 1995 Pocahontas Thomas Voz 1996 The Portrait of a Lady Edward Rosier 1996 O axente secreto Stevie 1997 Metroland Chris Lloyd 1998 Velvet Goldmine Arthur Stuart 1998 All the Little Animals Bobby Platt 1999 A Midsummer Night's Dream Demetrius 1999 Mary, Mother of Jesus Xesús Telefilme 2000 American Psycho Patrick Bateman 2000 Shaft Walter Wade, Jr. 2001 Captain Corelli's Mandolin Mandras 2002 Laurel Canyon Sam Bentley 2002 Reign of Fire Quinn Abercromby 2002 Equilibrium Cleric John Preston 2004 O maquinista Trevor Reznik 2004 Hauru no Ugoku Shiro Mago Howl Voz da dobraxe inglesa 2005 Batman empeza Bruce Wayne/Batman 2005 Harsh Times Jim Luther Davis Tamén produtor executivo 2005 The New World John Rolfe 2006 Rescue Dawn Dieter Dengler 2006 O prestixio Alfred Borden 2007 O tren das 3:10 Dan Evans 2007 I'm Not There Jack Rollins/Pastor John 2008 O cabaleiro escuro Bruce Wayne/Batman 2009 Terminator Salvation John Connor 2009 Public Enemies Melvin Purvis 2010 The Fighter Dicky Eklund 2011 The Flowers of War John Miller 2012 O cabaleiro escuro: a lenda renace Bruce Wayne/Batman 2013 Out of the Furnace Russell Baze 2013 American Hustle Irving Rosenfeld2014 Exodus: Gods and Kings Moisés
Véxase tamén
Categoría:Actores de cinema de Gales Categoría:Actores infantís de Gales Categoría:Actores de voz de Gales Categoría:Nados en Gales Categoría:Nados en 1974