Trasluz, co subtítulo Lukus, é o nome dunha revista bilingüe en galego e castelán fundada na cidade de Lugo no ano 2008, coa vocación de pór en valor as riquezas da provincia luguesa a nivel paisaxístico, empresarial ou gastronómico, en palabras tanto de literatos como de políticos ou xornalistas. Até o momento teñen escrito nela persoeiros que van dende Ricardo Varela Sánchez ou Fernando Blanco Álvarez até Darío Xohán Cabana ou Claudio Rodríguez Fer. Así, a editorial do primeiro número di o seguinte:
A edición da revista corre a cargo de Ernesto Sánchez Pombo e os números da mesma correpóndense coas estacións do ano, sendo o primeiro deles o do inverno de 2008.
Véxase tamén Ligazóns externas Edición dixital da revista "Nace en Lugo unha nova revista, Trasluz, enfocada a difundir os valores e riquezas da provincia", La Voz de Galicia, 9 de decembro de 2008. Perfil do editor, Ernesto S. Pombo
Categoría:Revistas editadas en Galicia Categoría:Revistas españolas do século XXI