miniatura|Vista do encoro de Prada.

Alberguería foi unha aldea e unha parroquia do concello da Veiga, asolagada en 1958 pola construción do encoro de Prada, do río Xares. No momento do asolagamento tiña 103 veciños e 536 habitantesHabitantes en 1958, en www.albergueria.es. A maioría destes marchou á emigración a Arxentina, Venezuela, Brasil, Francia, Alemaña, Suíza, o País Vasco e Cataluña e uns poucos desprazáronse a Ourense e Vigo. A igrexa parroquial, de estilo neoclásico, foi reconstruída en 1959 na Veiga de Cascallá (Rubiá)"Aquí nos vendría bien la iglesia de Alberguería", artigo en La Voz de Galicia, 10 de setembro de 1995.. Existe unha asociación cultural que traballa para a recuperación da memoria da comunidade.

Referencia histórica

O Diccionario geográfico-estadístico-historico de España y sus posesiones de ultramar de Pascual Madoz (1846-1850) recolle o lugar como Abergaría (p. 52) e Albergaría (p. 314) que identifica como "felig. en la prov. de Orense, part. jud. de Valdeorras, y ayunt. de Vega del Bollo"Denominación anterior da Veiga en español. Bollo fai referencia ao concello do Bolo que identificaba toda a comarca. Nesta mesma obra, nomean La Vega del Bollo (Tomo XV, p. 629) e Viana del Bollo (Tomo XVI, p. 12).. O artigo describe en detalle a vida da aldea na época con clima san, muíños fariñeiros, monte abundante, prados, terras de regadío, terras de secaño destinadas ao cultivo de cereais, e viñedo, que define “en general de buena calidad”. O núcleo reunía unhas 140 casas e outras 4 "separadas, al N. constituyen el barrio de Olleros" (seguramente Oleiros). Tiña unha escola "para niños y niñas en la que llegan a reunirse hasta 135 en algunas temporadas". Unha transcrición completa foi feita por Eulogio Diéguez Pérez (2009).

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Web da Asociación Cultural Alberguería - Oleiros. Casas da vila, traballo realizado en marzo de 2006 por Secundino Lorenzo Fernández, rexistrado no Arquivo Histórico Provincial de Ourense.

Categoría:Lugares da Veiga Categoría:Parroquias galegas desaparecidas Categoría:Antigas parroquias da Veiga