Justin Ray Giddens, nado o 13 de febreiro de 1985 en Oklahoma City, Oklahoma, máis coñecido coma J. R. Giddens, é un ex xogador profesional de baloncesto estadounidense. Mide 1,96 metros de altura e xogaba na posición de escolta.

Traxectoria Universidade Tras a súa etapa de instituto, aceptou unha bolsa escolar para xogar cos Jayhawks da Universidade de Kansas. Na súa primeira tempada conseguiu unha media de 11,3 puntos e 3,6 rebotes, rematando na sexta posición da Big 12 Conference en porcentaxe de tiros de 3 puntos (40,7%). Foi elixido no mellor quinteto de novatos da conferencia.NBA.com J.R. Giddens Prospect Profile , consultado agosto de 2008 Na súa segunda tempada os seus números non melloraron, promediando 10,8 puntos e 3,8 rebotes. Unha vez rematada a tempada, en maio de 2005, protagonizou un grave incidente ao verse involucrado nunha liorta nun bar e recibir unha coitelada na súa perna dereita, que requiriu 30 puntos de sutura.usatoday.com Kansas transfer J.R. Giddens becomes team player at New Mexico, consultado agosto de 2008

Tras ese incidente, foi transferido á Universidade de New Mexico. Tras pasar un ano en branco, debido á norma da NCAA que non permite xogar a un xogador traspasado durante unha tempada, regresou en 2006 cos Lobos, o seu novo equipo. No seu primeiro ano liderou á súa universidade en anotación (15,8 puntos por partido) e foi segundo en rebotes (6,5 por partido), anotando 20 puntos ou máis en 7 ocasións. O seu mellor partido da tempada disputouno ante Nevada-Las Vegas, onde, saíndo dende o banco, conseguiu 28 puntos e 8 rebotes.ESPN.com UNLV vs. New Mexico - Box Score - February 28, 2007, consultado agosto de 2008

Xa na súa tempada sénior conseguiu unha media 16,3 puntos e 8,8 rebotes, sendo o mellor nesta faceta de toda a Mountain West Conference, sendo elixido co-mellor xogador da conferencia e recibindo unha mención honorífica do All-American. No total da súa traxectoria universitaria promediou 13,3 puntos e 5,7 rebotes por partido.thedraftreview.com Ficha de Giddens en TDR, consultado agosto de 2008

Profesional Foi elixido na trixésima posición da primeira rolda do Draft da NBA de 2008 polos Boston Celtics, cos que estivo traballando durante tres días no verán, recibindo eloxios por parte do adestrador Doc Rivers.bostonherald.com For Celts, future is now. Giddens pick nice present for Doc, consultado agosto de 2008 Coma non firmara o contrato aínda, declinou o participar nas Ligas de Verán por consello do seu axente.boston.com This year, Davis not one of the babies in camp , consultado agosto de 2008 Finalmente, o 14 de agosto asinou un contrato por dous anos garantidos con opción doutros dous.boston.com Giddens agrees to Celtics deal , consultado agosto de 2008

O 18 de febreiro de 2010 foi traspasado aos New York Knicks xunto con Bill Walker e Eddie House a cambio de Nate Robinson e Marcus Landry.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Estatísticas en Basketball-Reference.com

Categoría:Nados en 1985 Categoría:Nados en Oklahoma Categoría:Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América Categoría:Escoltas de baloncesto Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos Boston Celtics Categoría:Xogadores dos Boston Celtics Categoría:Xogadores dos New York Knicks Categoría:Xogadores do Arka Gdynia‎ Categoría:Xogadores do Valencia BC‎ Categoría:Xogadores do PAOK Tesalónica BC‎ Categoría:Xogadores do Pallacanestro Brescia‎ Categoría:Xogadores dos Vaqueros de Bayamón Categoría:Xogadores dos Leones de Santo Domingo Categoría:Xogadores do Ferro Carril Oeste (baloncesto)