Victorino Pérez Prieto, nado no concello leonés de Hospital de Órbigo o 18 de outubro de 1954, é un escritor e teólogo galego.
Traxectoria Realizou estudos de Filosofía e Teoloxía no Instituto Teolóxico Compostelán e na Universidade Pontificia de Salamanca, onde se licenciou en teoloxía dogmática cunha tese sobre a dimensión relixiosa da xeración Nós e se doutorou cunha tese sobre a teoloxía interrelixiosa e intercultural de Raimon Panikkar. Ordenado sacerdote, exerceu o ministerio na diocese de Mondoñedo-Ferrol.
Deu clases nas universidades de Santiago de Compostela e A Coruña e exerceu como profesor na Universidade de San Buenaventura (Bogotá) e na Universidade de La Salle en Madrid. Tamén dirixiu cursos de verán na Universidade de Santiago de Compostela e na Universidade Internacional Menéndez Pelayo. Foi o primeiro director da revista Irimia e foi membro do consello de redacción da revista Encrucillada, na cal ten publicado numerosos artigos teolóxicos. Ten publicado tamén numerosos artigos noutras revistas e diarios galegos (A Nosa Terra, Grial, Lumieira, Tempos, Guía de libros, Criterios...) e de fóra do país (Sal terrae, Iglesia viva, El Ciervo…), así como varios libros individuais e en colaboración.
É membro da Asociación de Teólogos Juan XXIII, da Red Latioamericana de Teólogos/as Amerindia, do Centro Interculturale Raimon Panikkar Italia (CIRPIT), da Red Iberoamericana de Estudiosos de Raimon Panikkar (RIAP) e da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega.
O seu traballo teolóxico e intelectual ten varios centros de interese: a relación entre galeguismo e cristianismo como compromiso cristián con Galiza; interculturalidade e interrelixiosidade a nivel mundial, particularmente na relación entre Occidente e Oriente; ecoloxismo e cristianismo, nos últimos tempos con particular atención a unha mística ecolóxica; así como unha concepción de Deus para hoxe, particularmente nunha perspectiva trinitaria que non se refire só ao Deus "ad intra", senón a Deus en relación cos humanos e co cosmos.
Obra en galego Ensaio A xeración "Nós". Galeguismo e relixión, 1988, Galaxia. Cristiáns e galeguistas, 1994, Irimia. Galegos e cristiáns. "Deus fratresque Gallaeciae", 1995, SEPT.Texto completo de Galegos e cristiáns na BVG. Do teu verdor cinguido. Ecoloxismo e cristianismo, 1997, Espiral Maior. A Romaxe de Crentes Galegos. De Irimia a Santa Margarida, 1998, Irimia. Con cordas de tenrura, 2000, SEPT (tradución española: Con cuerdas de ternura, Madrid, 2002). Contra a síndrome N.N.A. Unha aposta pola esperanza, 2005, Xerais. Prisciliano na cultura galega. Un símbolo necesario, 2010, Galaxia. Prisciliano, um Cristão Livre. O Seu Eco na Cultura Galaico-portuguesa, 2017, novembro. A unidade e a harmonía da realidade. Complexidade e ecoloxía (2022). Galaxia. ISBN 978-84-9151-828-0.
Edicións Os ríos pasan cheos de Deus. Poesía religiosa en galego, 2007, Toxosoutos. Obras de teatro (grandes e pequenas) para o Nadal, 2009, Tambre. Moncho Valcarce. Un símbolo para Galiza, 2010, Trifolium. Prisciliano e o priscilianismo. Da condena á rehabilitación, 2012, Biblos Clube.
Colaboracións en obras colectivas 12 anos na búsqueda da nosa identidade, 1990, Asociación Cultural Xermolos. “Castelao e a verdade dos pobres”, en O Ensino da lingua: por un cambio de rumo, 1995, AS-PG. “Manuel María, poeta relixioso”, en Manuel María, 2001, Ophiusa. Homenaxe a Xosé Lois García, 1996, Barcelona. “A dimensión teolóxica do camiño”, en Aulas no camiño. Diálogos nun camiño da cultura Europea, 2007, A Coruña. “A Igreja do futuro”, en Ser Igreja, 2007, Lisboa. “Pensamento relixioso”, Dicionario Enciclopedia do Pensamento Galego, 2008, Xerais. Perspectivas sobre Bóveda: Ensaios e poemas polo seu 75º cabodano, 2011, A. C. Alexandre Bóveda.
Obra en castelán Ensaio Ecologismo y cristianismo, 1999, Santander. Más allá de la fragmentación de la teología el saber y la vida: Raimon Panikkar, 2008, Valencia. Dios, hombre, mundo. La Trinidad en Raimon Panikkar, 2008, Barcelona. La búsqueda de la armonía en la diversidad. El diálogo ecuménico e interreligioso desde el Concilio Vaticano II. Estella, 2014. Espiritualidad ecológica. Una nueva manera de concebir a Dios y nuestra relación con él y con el mundo. Saarbrücken, 2014. Diccionario panikkariano (con José Luis Meza Rueda). Barcelona, 2016. Hacia una ecoteología. Barcelona, 2023.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas Ficha do autor en Galegos.info na Biblioteca Virtual Galega.
Categoría:Ensaístas de Galicia Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Teólogos de Galicia Categoría:Nados na provincia de León Categoría:Nados en 1954