Gothika é un filme estadounidense de terror dirixido por Mathieu Kassovitz no ano 2003. Escrito por Sebastian Gutierrez, está protagonizado por Halle Berry, Robert Downey Jr., Penélope Cruz, Charles S. Dutton, John Carroll Lynch e Bernard Hill. O filme conta a historia dunha psiquiatra que se atopa encarcerada na penitenciaría na que traballa, acusada de asasinar brutalmente ó seu propio marido.
Sinopse Miranda Grey (Halle Berry) é unha psicóloga criminal que traballa nunha Institución Feminina chamada Woodward baixo a dirección do seu marido (Charles S. Dutton), o cal quere. Nunha noite chuviosa mentres conduce volvendo á casa, aparécelle fronte ao seu vehículo unha moza no medio da estrada, saíndo fóra da estrada ao esquivala para non a atropelar. Baixa da auto para visualizar o estado da rapaza, que non responde, e Miranda perde o sentido, despertándose tres días despois ingresada como paciente no hospital no cal traballaba.
Pouco a pouco irá lembrando cousas, e verá que foi ela a que matou o home, mais iso si, cando estaba posuída por un espírito dunha das varias rapazas que o seu home violara e matara. Na fin da película tamén se desvela que tiña un cómplice, o shériff do lugar, mais o espírito ao final cumpre a súa vendeta e tamén o mata.
Personaxes Halle Berry como Dr. Miranda Grey Robert Downey Jr. como Dr. Pete Graham Charles S. Dutton como Dr. Douglas Grey John Carroll Lynch como Sheriff Bob Ryan Penélope Cruz como Chloe Sava Bernard Hill como Phil Parsons Dorian Harewood como Teddy Howard Bronwen Mantel como Irene Kathleen Mackey como Rachel Parsons Matthew G. Taylor como Turlington Michel Perron como Joe Andrea Sheldon como Tracey Seaver
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Ficha en AllMovie Ficha en BoxOfficeMojo Ficha en RottenTomatoes Ficha en Metacritic
Categoría:Filmes de 2003 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Mathieu Kassovitz Categoría:Filmes de Columbia Pictures Categoría:Filmes de Dark Castle Entertainment Categoría:Filmes rodados en Montreal Categoría:Filmes sobre violación e vinganza Categoría:Filmes sobre pantasmas Categoría:Filmes sobre psiquiatría Categoría:Filmes sobre asasinos en serie Categoría:Filmes de 2003 con versión en galego