Saving Grace é unha serie da canle de televisión TNT que foi estreada o 23 de xullo de 2007 no Estados Unidos, e que rematou o 21 de xuño de 2010.
Argumento A historia transcorre no estado de Oklahoma, EUA, cunha personaxe principal é a axente do departamento de policía Grace Hanadarko, interpretada pola gañadora dun premio Óscar Holly Hunter. A detective Grace Hanadarko é unha muller que leva a súa vida ao límite: fuma, bebe e é promiscua. Un día, despois de ter bebido mucho, a detective Hanadarko atropela mortalmente ao convicto Leon Cooney. Nese momento de desesperación, Grace pídelle axuda a Deus e entón Earl, un anxo interpretado por Leon Rippy, aparece para dicirlle que Deus lle dá unha última oportunidade para chegar ao ceo.
Elenco Holly Hunter - Grace Hanadarko Leon Rippy - Earl (o anxo) Bokeem Woodbine - Leon Cooley (o convicto ao que atropela). Kenny Johnson - Ham Dewey (compañeiro de traballo e amante). Laura San Giacomo - Rhetta Rodríguez (mellor amiga de Grace). Gregory Norman Cruz - Bobby Stillwater. Bailey Chase - Butcha Ada.
Categoría:Series de televisión en lingua inglesa Categoría:Series de televisión iniciadas en 2007 Categoría:Series de televisión finalizadas en 2010 Categoría:Series de televisión dos Estados Unidos de América