O xardín da alegría (en ) é unha película británica do ano 2000, dirixida por Nigel Cole e baseada nun guión de Mark Crowdy e Craig Ferguson. Foi coproducida por Fine Line Features, Homerun Productions, Portman Entertainment, Sky Pictures, e Wave Pictures; e filmouse entre Londres e as vilas de Boscastle e Port Isaac, en Cornualla. Os seus protagonistas están interpretados pola actriz e actores Brenda Blethyn, Ferguson, e Martin Clunes, entre outros.

As críticas para a película foron en xeral boas e recadou sobre un $24,325,600 polo mundo adiante. Ademais a película recibiu varios premios como tamén numerosos nomeamentos.

Emitiuse na Televisión de Galicia o 2 de outubro de 2005.La Voz de Galicia, 2 de outubro de 2005. Páx. 79

Sinopse Supetamente viúva, Grace Trevethyn atópase nunha situación financeira crítica cando herda numerosas débedas que o seu home foi acumulando durante anos. Están a piques de embargarlle a casa, e entón, empregando o seu coñecemento talentoso da horticultura, decide artellar un plan de cultivar marihuana de gran calidade para logo vendela a bo prezo, e así resolver os seus problemas económicos.

Elenco Brenda Blethyn como Grace Trevethyn, unha viúva de mediana idade . Craig Ferguson como Matthew Stewart, o xardineiro de Grace. Martin Clunes como Dr. Martin Bamford, unha amigo de Matthew. Valerie Edmond como Nicky, a moza mariñeira de Matthew. Tcheky Karyo como Jacques Chevalier Jamie Foreman como China MacFarlane Bill Bailey como Vince Diana Quick como Honey Chambers Tristan Sturrock como Harvey Phyllida Law como Margaret Sutton Linda Kerr Scott como Diana Skinner Leslie Phillips como Reverendo Gerald Percy Paul Brooke como Charlie Ken Campbell como Sarxento Alfred Mabely Clive Merrison como Quentin Rhodes

Banda sonora Pistas "Introduction" (Mark Russell) – 1:02 "Grace's Theme" (Mark Russell) – 2:42 "Take a Picture" (Filter) – 5:55 "Make Me Smile (Come Up and See Me)" (Steve Harley & Cockney Rebel) – 4:07 "Spirit in the Sky" (Norman Greenbaum) – 3:56 "Will You Give Me One? (diálogo da película) – 1:12 "Sunshine at Last" (Koot) – 4:31 "Grace in Notting Hill" (Mark Russell) – 2:57 "Human (Tin Tin Out Mix)" (The Pretenders) – 3:52 "Drugden" (Mark Russell) – 2:46 "Might as Well Go Home" (Plenty) – 3:17 "Would You Like Some Cornflakes? (diálogo da película) – 0:22 "Wise Up (Car Port Mix)" (AFT) – 3:12 "New B323" (diálogo do filme) – 0:41 "Cornwall Chase" (Mark Russell) – 3:01 "Accidental Angel" (Sherena Dugani) – 3:57 "Witchcraft" (Robert Palmer) – 3:17 "All Things Bright and Beautiful (Mark Russell) – 2:51

Premios Gañados High Hopes Award (Festival de Cine de Múnic 2000) - Mark Crowdy Premio da audiencia (Festival de Cine Internacional Noruegués 2000) - Nigel Cole Premio da audiencia (Festival de Cine de Sundance 2000) - Nigel Cole Nomeamentos Premio ALFS: "Actriz británica do ano" - Brenda Blethyn Premio BAFTA: Carl Foreman Award for the Most Promising Newcomer - Mark Crowdy Premio de Cine Independente Británico "Mellor filme independente británico" "Mellor director" - Nigel Cole "Mellor guión" - Craig Ferguson, Mark Crowdy "Mellor actriz" - Brenda Blethyn Premio Empire: "Mellor actriz británica" - Brenda Blethyn Globo de Ouro: "Mellor actriz de comedía/musical" - Brenda Blethyn Golden Satellite Award: "Mellor actriz de comedia ou musical" - Brenda Blethyn

Spin-offs Martin Clunes protagonizou dous filmes para a televisión despois deste filme e baseados no personaxe que interpretou: Doc Martin e Doc Martin and the Legend of the Cloutie.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial

Categoría:Filmes de 2000 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes do Reino Unido Categoría:Filmes sobre drogas Categoría:Filmes de 2000 con versión en galego