O limburgués (en neerlandés: Limburgs, en alemán: Limburgisch, en francés: Limbourgeois) é un grupo de linguas francas faladas en Limburgo e Renania, preto da fronteira entre a Bélxica, os Países Baixos e máis a Alemaña. A área en que se fala forma un círculo dende Venlo, pasando por Düsseldorf, Aachen, Maastricht, Hasselt e de regreso a Venlo. É unha lingua rexional recoñecida nos Países Baixos. É falada por ao redor de 1,6 millóns de persoas. O limburgués está clasificado como "vulnerable" polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Wikipedia en limburgués

Categoría:Linguas xermánicas Categoría:Linguas de Alemaña Categoría:Linguas de Bélxica Categoría:Linguas dos Países Baixos