Charles Hutton, nado o 14 de agosto de 1737 e finado o 27 de xaneiro de 1823, foi un matemático inglés.

Traxectoria Hutton naceu na cidade de Newcastle upon Tyne baixo o teito dunha familia acomodada de Westmoreland. Aos sete anos disloca un ombro nunha liorta cun compañeiro de clase, facendo que acabe recibindo educación de profesores particulares que lle axudaran no seu desenvolvemento matemático.

Hutton publica a súa primeira obra titulada The Schoolmaster's Guide, or a Complete System of Practical Arithmetic en Newcastle en 1764. Trátase dun libro elemental de aritmética que foi adoptado intensamente nas escolas.

Tivo grande inquietude por todos os aspectos da ciencia e publicou innumerables artigos nas revistas científicas da época. En 1774, grazas ás medicións de Nevil Maskelyne (1732-1811), mide por primeira vez a constante gravitacional.

Durante a súa vida ampliou e traduciu ao inglés certas edicións de Montucla Histoire des mathématiques publicándose en Londres no ano 1803 e posteriormente ampliado en 1814.

Obras The Schoolmasters Guide, or a Complete System of Practical Arithmetic, 1764 Tables of the Products and Powers of Numbers, 1781 Mathematical Tables, 1785 Elements of Conic Sections, 1787 Course of Mathematics, 1798 Mathematical and Philosophical Dictionary, 1795. Esta é unha das súas máis famosas obras. Recreations in Mathematics and Natural Philosophy, 1803, Catro volumes principalmente traducidos do francés. A Treatise on Mensuration, (1767-1770).

Véxase tamén Bibliografía A memoir of Charles Hutton, J. Bruce (Newcastle, 1823).

Categoría:Matemáticos de Inglaterra Categoría:Nados en 1737 Categoría:Finados en 1823 Categoría:Nados en Newcastle