Orán (en lingua árabe ولاية وهران) é unha provincia (wilaya) de Alxeria, onde se acha a cidade de Orán.
Atópase no noroeste do país. A súa poboación é de 1,443,052Office National des Statistiques, Recensement General de la Population et de l’Habitat 2008 habitantes e abranguen unha área total de 2,114 km². Limita polo leste coa provincia de Mostaganem, polo sueste con Mascara, polo suroeste con Sidi Bel Abbes, e polo oeste con Aïn Témouchent. Polo norte ten o mar Mediterráneo.
A provincia formouse a partir do antigo departamento francés do Orán, que se mantivo trala independencia e logo transformado en wilaya (provincia) en 1968, reorganizado en 1974, cedendo parte da súa área a Sidi Bel Abbès
Divisións administrativas Dende 1984, a provincia divídese en 9 distritos (daïras), dos que se debullan 26 concellos.
Distritos Aïn El Turk Arzew Bethioua Bir El Djir Boutlélis Es Sénia Gdyel Orán Oued Tlélat
Municipios Arzew Aïn Bya Aïn El Kerma Aïn El Turk Ben Freha Bethioua Bir El Djir Boufatis Bousfer Boutlélis El Ançor El Braya El Kerma Es Sénia Gdyel Hassi Ben Okba Hassi Bounif Hassi Mefsoukh Mers El Hadjadj Mers El Kébir Misserghin Orán Oued Tlélat Sidi Ben Yebka Sidi Chami Tafraoui
Notas
Véxase tamén Persoeiros nados en Orán
Oran