O Ariete (D-36), foi unha fragata rápida, reclasificada como destrutor ASW (antisubmarino), da clase Audaz pertencente á Armada Española.
Historia Foi entregado á armada o 7 de febreiro de 1961 en Ferrol e asignado xunto aos outros buques da mesma clase á 31 escuadrilla de Escolta con base en Ferrol.
O 25 de febreiro de 1966, mentres navegaba de Ferrol a Cartagena, viuse sorprendido por ondas de 12 metros. Chegou ata as illas Cíes, fronte a Vigo, pero o vento virou e levouno cara a Carnota, 60 quilómetros ao norte. Un tripulante dun petroleiro morreu intentándoo remolcar. Tamén fracasou a fragata Legazpi (F-42), chegando a perder un brazo un dos seus mariñeiros. O Ariete foi levado a terra pola acción das correntes e o vento, encallando a 200 metros da costaletrasdelmar.com. Finalmente, embarrancou a 200 metros da Praia do Ardeleiro, e deuse por non recuperable ao partirse o casco.
A actuación dos veciños valeulle ó concello de Carnota a concesión do título "Moi Humanitario", outorgada por Decreto 3290/1966 de 29 de decembro.
Notas
Categoría:Embarcacións da Armada Española Categoría:Accidentes marítimos en Galicia Categoría:Naufraxios Categoría:1966 en Galicia Categoría:Barcos de 1961