Isaac Alonso Estraviz, nado en Vilaseca (Trasmiras) o 26 de xaneiro de 1935, é un lexicógrafo galego.

Traxectoria En 1947 ingresou como oblato no mosteiro de Oseira. Viviu en Francia, Alemaña e Navarra, onde traduciu ao galego os Salmos, e na súa estancia en Albacete traduciu as Encíclicas e o Misal. En Madrid estudou Filosofía pola Universidade de Comillas, e validou o título pola Universidade Complutense, onde foi alumno de Manuel Alvar López.

Licenciouse en Filoloxía Románica en 1977 e doutorouse en Filoloxía Galega pola Universidade de Santiago de Compostela en 1999, coa tese O Falar dos Concelhos de Trasmiras e Qualedro. É diplomado en Cultura e Lingua Portuguesa pola Universidade de Lisboa

Entre 1975 e 1977 deu clases de Lingua e Literatura Galegas no Ateneo de Madrid, e desde 1977 a 1984 na Irmandade Galega-Lôstrego desa cidade. Despois foi profesor de bacharelato na Rúa, Ferrol, Pontevedra, Pontedeume, Santiago, Vigo, A Coruña, Ordes e desde 1987 en Ourense, no IES Otero Pedrayo. Foi tamén profesor de Didáctica da Lingua e Literatura Galegas na Universidade de Vigo desde 1992 nos campus de Pontevedra e Ourense.

Foi membro da Comissom Lingüística da Associaçom Galega da Língua (AGAL, partidaria do reintegracionismo) e do consello de redacción da revista Agália, na que publicou numerosos artigos. Publicou tamén en O Ensino, Encrucillada, Raigame e Grial, Boletim de Filologia de Lisboa, Nós (Revista Internacional Galego-Portuguesa de Cultura), Temas de Linguística e Sociolinguística, Cadernos do Povo, Revista de Guimarães, A Nosa Terra.

En 1986 formou parte da delegación galega que participou como observadora no Encontro sobre a Unificação Ortográfica da Língua Portuguesa. É membro da Comissom Linguistica da Associaçom Galega da Língua, Vice-Presidente da Academia Galega da Língua Portuguesa e do Boletim da AGLP. Como lexicógrafo, é autor de varias obras sobre o léxico da lingua galega, destacando o Dicionário da língua galega, editado orixinalmente por Alhena (1986) e posteriormente nunha edición resumida por Sotelo Blanco (1995). Este dicionario apareceu inicialmente na normativa do galego chamada de reintegracionismo de mínimos, pero desde 2005 está dispoñíbel para consulta en liña na ortografía coñecida como reintegracionismo de máximos (máis próximo á ortografía da lingua portuguesa) e propugnada pola AGAL.

Publicacións miniatura|260x260px|Entrevista en Nós Televisión. Narrativa Contos con reviravolta: arando no mencer (1973). Vigo: Castrelos. ISBN 84-7041-055-5. Reeditado en 2025: Contos com reviravolta, Xunta de Galicia. ISBN 978-84-09-71467-4.

Ensaio Estudos filológicos galegoportugueses (1987). Ed. Alhena Os falares de Trasmiras e Qualedro (2013). Ponte Caldelas: Fundaçom Meendinho. ISBN 978-84-617-0161-2.

Dicionarios

Dicionário galego ilustrado "Nós". Tomo I (1983). A Coruña: Nós. Editor. ISBN 8475400183. Dicionário da língua galega (3 tomos) (1986). Ed. Alhena. Editor. Con Lois Cambeiro Cives, Xosé Manuel Enríquez, Xosé Feixó Cid, Manuel Ferreiro, María do Carmo García Pereiro, Anxo González Guerra, Xosé Luis Grande Grande, Vitória Ogando Valcárcel, Tareixa Roca Sánchez, Xavier Rodríguez Baixeras. ISBN 84-7707-000-8. Dicionário da língua galega (1995). Santiago: Sotelo Blanco. ISBN 84-7824-226-0.

Edición Santos Júnior e os Intelectuais Galegos (2011). Ponte Caldelas: Fundaçom Meendinho.

Conversas

Conversas con Isaac Alonso Estraviz, Bernardo Penabade Rei (entrev.) (2013). Ourense: Através. ISBN 978-84-87305-75-7.

Traducións Os Salmos (1966). SEPT. Pacem in terris, de Xoán XXIII (1968). SEPT. Poppulorum progressio, de Paulo VI (1968). SEPT. Concilio Vaticano Segundo. A eirexa no mundo moderno (1973). SEPT. O problema político de Galiza, de Vicente Risco (1976). SEPT. La Sibila, de Agustina Bessa-Luís (1981). Alfaguara. Gran libro de San Cipriano o los tesoros del hechicero (1986). Akal. Antonio de Puga, pintor ourensano na corte de Filipe IV, de Xesús Ferro Couselo (1996). Ourense: Livraria Torga. De Roncesvales a Compostela: um percurso por valores, habilidades, recursos e atitudes, de Manuel Rivero Pérez (2008). Ourense. AGAL. Lo siento mucho, de Nuno Lobo Antunes (2009). Santillana Ediciones Generales.

Obras colectivas Misal galego, SEPT, 1968. O Estatuto de Galiza. Antecedentes e comentarios, de Castelao, Edicións Nós, 1975. (Asina o limiar baixo o pseudónimo de Isaac da Bougueira). Estudo crítico das "Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego (ILG-RAG) 1982, 1983, AGAL. 2ª edición en 1989. Colectânea de Estudos em Homenagem a Rodrigues Lapa, Câmara Municipal de Anadia, 1984. Prontuário ortográfico galego, AGAL, 1985. Actas do I Congresso Internacional da Língua Galego-Portuguesa na Galiza, 1984, AGAL, 1986. Comentários ao novo acordo ortográfico (1986). Pontevedra: Irmandades da Fala de Galiza e Portugal. Con José Luis Fontenla Rodrigues e Adela Figueroa Panisse. ISBN 84-398-8315-3. Guia prático de verbos galegos conjugados, AGAL, 1988. Actas do III Congresso Internacional da Língua Galego-Portuguesa na Galiza, AGAL, 1992. O uso das línguas na perspectiva da Europa Comunitária. Hizkunzen erabilera Europar batasunari begira. L'ús de les llengües en la perspectiva de l'Europa Comunitària, AGAL, 1993. Actas do IV Congresso Internacional da Língua Galego-Portuguesa na Galiza, AGAL, 1996. Os intelectuais galegos e Teixeira de Pascoaes: epistolário (2000). Sada: Ediciós do Castro. (xunto a Eloísa Álvarez, da Universidade de Coímbra). ISBN 84-7492-933-4. Eugénio de Castro e a Galiza. Epistolário (2008). Sada: Ediciós do Castro. Con Eloísa Álvarez. ISBN 978-84-8485-291-9. Isaac Díaz Pardo e a língua galega, AGAL, 2008. Actas do Congresso Jenaro Marinhas del Valle, AGAL, 2009. Por um galego extenso e útil, Através Editora, 2010. Cartafol de soños, homenaxe a Celso Emilio Ferreiro no seu centenario (1912-2012), 2012.

Premios 3º Premio do Concurso nacional de contos infantís O Facho no 1970, por Un novo amencer. 2014: Premio Brais Pinto. 2015: Premio Arraiano Maior. 2019: Medalla de Ouro da provincia de Ourense outorgada pola Deputación de Ourense. Por causa da epidemia de COVID-19 o acto de entrega adiouse até o 2022.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas Entrevista con Isaac Alonso Estraviz no Portal Galego da Língua (27/07/2009). Entrevista con Isaac Alonso Estraviz no diario da Universidade de Vigo.

Categoría:Lingüistas da lingua galega Categoría:Reintegracionismo Categoría:Nados en Trasmiras Categoría:Nados en 1935 Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Profesores da Universidade de Vigo