A Sociedad Deportiva Ponferradina é un club de fútbol español da cidade de Ponferrada que se fundou o 7 de xuño de 1922 e que compite na segunda división do fútbol español.
Uniforme A marca do uniforme para a presente tempada é Nike. Os seus patrocinadores son bio3, Pongesur e Caja España.
Uniforme titular: Camiseta a raias verticais brancas e azuis, pantalón azul, medias azuis. Uniforme alternativo: Camiseta dourada con mangas negras, pantalón negro e medias negras. Terceiro uniforme: Camiseta amarela fosforescente con liñas negras, pantalón negro e medias negras.
Estadio
esquerda|200px|miniatura|Estadio El Toralín. O Estadio Municipal El Toralín foi inaugurado oficialmente o 5 de setembro de 2000 nun partido amigable que enfrontou ó Ponferradina contra o Celta de Vigo (0-2), aínda que o primeiro partido oficial de liga de Segunda División B disputado no estadio foi contra o AD Universidad de Oviedo con resultado 1-0 e gol marcado por Jesús Panadero, (3ª xornada - tempada 2000-2001).
O aforamento do estadio é de 8200 espectadores (ampliado en 2006 por motivo do ascenso de categoría), todos eles sentados e cumprindo as normativas que a UEFA impón para os espectáculos deportivos internacionais. O primeiro encontro desta categoría que se disputou no estadio, foi o 1 de xuño de 2001 para o XIII Campionato de Europa Sub-21 co partido entre España e Bosnia (5-1).
As dimensións do terreo de xogo son de 105 x 70 metros, medida que a UEFA adoptou para as súas competicións oficiais. Ten unha drenaxe correcta, e rega por aspersión.
Datos do club miniatura|250px|Partido da promoción de ascenso a Segunda en 2010 contra o UE Sant Andreu en Barcelona. Tempadas en 1ª: 0 Tempadas en 2ª: 7 (Incluída a 2019/20) Tempadas en 2ªB: 21 Tempadas en 3ª: 46 Participacións na Copa do Rei: 13 Mellor posto na liga: 6º (2ªA, xornada 6, tempada 2006-07) Peor posto na liga: 19º (2ªB 1993/94)
Xogadores Categoría principal: Xogadores da SD Ponferradina. Cadro actual Actualizado a 21 de agosto de 2013.
Palmarés Torneos nacionais Segunda División B de España (3): 2004–05, 2007–08, 2009–10 Terceira División de España (3): 1957–58, 1965–66, 1986–87 Subcampión de Segunda División B (1): 2011–12 Subcampión de Terceira División (6)
Categoría:SD Ponferradina