Figueiredo é un lugar da parroquia de Piñeira, no concello de Ribas de Sil, na beira do río Sil. Segundo o IGE no 2024 tiña 12 habitantes (6 homes e 6 mulleres), o que supón unha forte diminución con respecto ao ano 2008 tiña 24 habitantes.

Está situada na comarca de Quiroga, a uns 10 km de Quiroga e San Clodio, cos que se comunica a través da N-120.

Recursos A economía do lugar é de subsistencia. A idade media da poboación é moi alta, con bastantes xubilados. Malia que hai moita emigración cara ás vilas da Rúa de Valdeorras, Petín, San Clodio ou Quiroga, estanse construíndo novas casas coma segunda residencia.

Festas Malia que o común era celebrar a festividade de San Sebastián, o 20 de xaneiro, para aumentar a asistencia ás festas ultimamente celébrase en agosto.

Galería de imaxes

Lugares e parroquias Lugares de Piñeira

Parroquias de Ribas de Sil

Notas Categoría:Lugares de Ribas de Sil