El Idólatra de Galicia, foi un periódico galego que apareceu entre 1841 e 1842 en Santiago de Compostela, voceiro oficioso da Academia Literaria de Santiago.
Historia e características Fundado e dirixido por Domingo Díaz de Robles, levaba por subtítulo Periódico sabatino. De Literatura, Ciencias y Artes en general, Historia, Moral y Costumbres. Foi o pioneiro entre os periódicos de tendencia provincialista. Publicáronse 17 números entre o 1 de outubro de 1841 e o 15 de xaneiro de 1842.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Outros artigos Folletín de El Idólatra de Galicia Lista de publicacións impresas da provincia da Coruña
Categoría:Prensa escrita de Santiago de Compostela Categoría:1842 en Galicia