El Clamor de Galicia foi un periódico galego de tendencia rexionalista que apareceu na Coruña entre 1854 e 1856.

Historia e características

Subtitulado Eco político de sus cuatro provincias, estivo dirixido por Benito Vicetto. Entre os seus redactores estaban Antonio de S. Martín e Federico Alejos Pita. Era un periódico bisemanal que saía os xoves e domingos. Foi a publicación coa que fixo a súa aparición o rexionalismo galego. Véxase tamén Bibliografía

Outros artigos Lista de publicacións impresas da provincia da Coruña

Categoría:Prensa escrita da Coruña Categoría:Século XIX en Galicia

Categoría:1854 en Galicia

Categoría:Rexionalismo galego