miniatura|250px|A avestruz é un dos bípedes máis veloces existentes. 250px|miniatura|O robot bípede ASIMO. O bipedismo é a denominación para a forma de locomoción adoptada parcial ou totalmente por animais tetrápodos sobre as súas dúas extremidades inferiores. Moitas especies, dende aves, mamíferos e réptiles ao longo da historia natural evolucionaron para adoptar esta postura no desprazamento, tanto dinosauros coma a maioría dos terópodos, aves e homínidos.

O bipedismo pode ser obrigatorio, en tal caso o animal desprázase sempre nesta forma. Exemplo de animais que adoptan esta postura poden acharse dende dinosauros terópodos avianos e non avianos até os seres humanos. Doutra banda, o bipedismo será facultativo cando o animal que adopta tanto a postura cuadrúpede coma a bípede (sendo, na maioría dos casos, unha predominante sobre a outra; exemplos deste último caso áchanse entre dinosauros ornitópodos coma o iguanodonte, até primates non humanos coma os chimpancés e gorilas.

Camiñar ergueito supón abrirse a unha cantidade de experiencias na vida dos homininos, debido que as extremidades superiores destes animais atópanse ceibes para a realización de diversas tarefas que son máis dificultosas para os animais cuadrúpedes.

Teorías da aparición do bipedismo Existen varias teorías sobre a aparición deste fenómeno.

Para desprazarse polas chairas, ao diminuír a foresta por acción natural ou humana. Para o transporte de utensilios coas extremidades superiores. Para crear e utilizar utensilios e armas. Para transportar alimentos, auga ou crías. Para o desprazamento entre as árbores. Para alimentarse das árbores. Para ver por riba dos pastos e poder vixiar en caso de perigo. Para termorregular o seu corpo; camiñar ergueito en horas de calor transmite menos calor ao corpo.

Véxase tamén Bibliografía Darwin, C., The Descent of Man and Selection in Relation to Sex, Murray (Londres), (1871). Dawkins, R., The Ancestor's Talle, Weidenfeld and Nicolson (Londres), (2004).

Outros artigos Cuadrúpede

Categoría:Transporte Categoría:Fisioloxía Categoría:Locomoción animal