Nathaniel "Nate" Robinson, nado o 31 de maio de 1984 en Seattle, Washington, é un xogador estadounidense de baloncesto profesional que actualmente é axente libre. Gañou o Concurso de Mates do All-Star Weekend da NBA nos anos 2006, 2009 e 2010, pasando a ser o único xogador da historia da NBA en gañar tres concursos de mates, a pesar de ter 1,75 metros de estatura.

Traxectoria Universidade Nate tivo unha exitosa carreira universitaria, levando aos Washington Huskies a boas posicións na NCAA no ano 2005. Robinson tamén xogou ao fútbol americano en Washington, onde se formou coma un potente cornerback. Candou chegou á universadade, tivo que optar por un só deporte, elixindo o baloncesto.

NBA Nate Robinson foi escollido no Draft de 2005 por Phoenix Suns, na 21ª posición. Rapidamente, a franquía traspasouno aos New York Knicks xunto con Quentin Richardson. Foi un dos primeiros en participar na pelexa dos Knicks e os Denver Nuggets, ocorrida o 16 de decembro do 2006.

O 18 de febreiro de 2006, en Houston,Texas, Robinson gañou o seu primeiro concurso de mates, impoñéndose por 141-140 a Andre Iguodala, nunha vitoria un tanto polémica, xa que necesitou 14 intentos para lograr o último mate. Ao seguinte ano, Nate trocou o seu dorsal 4 polo 2, que levaba no instituto. En Dallas, no All Star Weekend do 13 de febreiro, venceu ao rookie dos Toronto Raptors, DeMar DeRozan. O xogador no llo puxo fácil, pero Nate levou finalmente o trofeo para a súa casa.

O 18 de febreiro de 2010 foi traspasado aos Boston Celtics xunto a Marcus Landry a cambio de Bill Walker, J.R. Giddens e Eddie House.

O 24 de febreiro de 2011 foi traspasado aos Oklahoma City Thunder xunto con Kendrick Perkins a cambio de Jeff Green e Nenad Krstic. O 24 de decembro de 2011, deixou os Thunder e converteuse en axente libre.

O 4 de xaneiro de 2012, asinou un contrato cos Golden State Warriors. Na tempada 2011-12, acadou 11.2 puntos, 4.5 asistencias e 2 rebotes por partido en 51 encontros xogados.

O 31 de xullo de 2012, asinou un contrato cos Chicago Bulls.

O 26 de xullo de 2013, asinou un contrato cos Denver Nuggets. O 13 de xaneiro de 2015, foi traspasado ós Boston Celtics a cambio de Jameer Nelson.Boston Celtics Complete Trade With Denver Nuggets Dous días máis tarde, foi cortado polos Celtics.Boston Celtics Complete Three-Team Trade

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Perfil en NBA.com

Categoría:Nados en 1984 Categoría:Nados en Seattle, Washington Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América Categoría:Bases de baloncesto Categoría:Xogadores dos New York Knicks Categoría:Xogadores dos Boston Celtics Categoría:Xogadores dos Oklahoma City Thunder Categoría:Xogadores dos Golden State Warriors Categoría:Xogadores dos Chicago Bulls Categoría:Xogadores dos Denver Nuggets Categoría:Xogadores dos Los Angeles Clippers Categoría:Xogadores dos New Orleans Pelicans Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos Phoenix Suns