Larry Joe Bird, nado o 7 de decembro de 1956 en West Baden Springs, Indiana, é un ex xogador de baloncesto estadounidense da National Basketball Association (NBA). Drafteado no sexto posto da primeira rolda polos Boston Celtics en 1978, Bird xogou na franquía de Massachusetts como ala e ala-pivote durante trece tempadas, facendo equipo co lendario pivote Robert Parish e co ala Kevin McHale. Debido a problemas de costas, retirouse como xogador da NBA en 1992.
Bird foi votado como uns dos "cincuenta mellores xogadores da historia da NBA" en 1996 e admitido no Basketball Hall of Fame en 1998. Despois da súa retirada como xogador, e tras conseguir a medalla de ouro nos Xogos Olímpicos de Barcelona 1992 co lendario "Dream Team", continuou como adestrador dos Indiana Pacers, dende 1997 até 2000. Desde 2003 é o presidente de operacións de baloncesto para dos Indiana Pacers da NBA.
Comezos Bird naceu en West Baden Springs, Indiana, fillo de Georgia Kerns e Claude Joseph "Joe" Bird.Árbore xenealóxica de Larry Bird Creceu dacabalo do seu pobo natal e a veciña localidade de French Lick, polo que se gañou o alcume de "the Hick from French Lick" (do inglés: o paifoco de French Lick). Os problemas económicos sacudiron á familia Bird durante toda a súa infancia. Nunha entrevista concedida a Sports Illustrated en 1988 lembrou como a súa nai facía fronte a estes problemas:
En ocasións Larry era enviado a vivir cos seus avós debido ás dificultades familiares. O ser pobre na infancia, supón unha motivación hoxe en día, dixo á revista norteamericana. As dificultades da familia Bird incrementáronse debido ao alcoholismo e as dificultades persoais de Joe Bird. En 1975, tras consumarse o divorcio, o seu pai suicidouse cun arma de fogo. Larry, de 18 anos, non soltou unha bágoa.Plain and simple, Bird one of the best ESPN.com A pesar das desgrazas domésticas, no seu segundo ano no instituto Springs Valley, chegou a ser un dos mellores xogadores de French Lick, deixando o instituto sendo o máximo anotador da historia do centro. O seu retrato colga na escola, situada actualmente na rúa Larry Bird Boulevard da devandita localidade.
Traxectoria deportiva Universidade Os tres anos que foi universitario estiveron a piques de transcorrer na prestixiosa Universidade de Indiana, que naquel momento posuía o mellor programa de baloncesto do país, dirixido polo mítico Bobby Knight, mais a magnitude da institución atafegou tanto a Bird que regresou á súa vila natal, onde traballou en varios oficios ata que por fin se enrolou nas filas da máis pequena Universidade de Indiana State. A súa traxectoria foi espectacular: levou ao seu equipo á final da NCAA contra a Universidade de Michigan State, onde por aquel entón brillaba con luz propia un mozo chamado Magic Johnson.Último minuto da final da NCAA de 1979 A nivel individual, gañou varios premios, como o prestixioso "Naismith Award", é dicir mellor xogador da NCAA, tamén foi elixido Xogador do Ano pola coñecida revista deportiva Sporting News e formou parte en dúas ocasións do mellor quinteto nacional. Na súa etapa na universidade tivo unha media de 30,3 puntos (quinta mellor marca da historia da NCAA), 13,3 rebotes e 4,3 asistencias por partido.
Profesional 1979-1981: Impacto inmediato Foi escollido polos Boston Celtics no Draft da NBA de 1978 en sexto lugar, no que foi unha nova xogada mestra de Red Auerbach ao aproveitar que o seu breve paso pola Universidade de Indiana facíao elixible un ano antes de terminar o seu periplo en Indiana State, e draftealo así adiantándose aos demais equipos. A cambio, Auerbach tivo que esperar un ano para contar co xogador, xa que os seus intentos de convencelo para deixar a universidade inmediatamente non tiveron froito. Bird asinou entón un contrato por 650.000 dólares anuais, cifra marca para un "rookie" (xogador novato). Pouco despois, as normas cambiarían para que os equipos non puidesen elixir a xogadores que non estivesen preparados para dar o salto á liga profesional.
O impacto de Larry Bird nos Celtics foi inmediato. O equipo viña dunha marca negativa de 29 vitorias e 53 derrotas na tempada 1978-79, mentres que ao ano seguinte lograron 61 vitorias e 21 derrotas, acabando como o equipo con mellor porcentaxe de partidos gañados. O seu gran rival na universidade, Magic Johnson, pasou a profesionais ese mesmo ano con Los Angeles Lakers, co cal tivo unha tremenda rivalidade para facerse co premio de Rookie do Ano, que finalmente recibiría o de Indiana. Foi elixido tamén para o All-Star Game desa tempada, algo que se repetiría nos seus 12 anos como profesional. Ademais, liderou aos Celtics en anotación (21,3 puntos por partido), rebotes (10,4), número de roubos (143) e minutos xogados (2.955), sendo segundo en asistencias (4,5) e tiros de tres puntos (58).Estatísticas de Boston Celtics na tempada 1979-80 Aínda que o seu equipo caeu nas finais da Conferencia Leste ante Philadelphia 76ers, confirmouse que o equipo de Boston tiña un espazo reservado para futuros días de gloria.
Ao ano seguinte os Celtics faríanse cos servizos do pivote Robert Parish e a terceira elección do draft de 1980, nunha transacción con Golden State Warriors, que a cambio recibiron a opción da primeira e a treceava elección do draft. Despois de que os Warriors elixisen a Joe Barry Carroll e os Utah Jazz a Darrell Griffith en segundo lugar, os Celtics elixiron o ala-pivote da Universidade de Minnesota Kevin McHale. Con Bird como ala, as incorporacións de Parish e McHale déronlle a Boston unha das mellores frontcourts da liga. O tres formarían a base duns Celtics destinados a altas cotas. Na súa segunda tempada Bird levou ao seu equipo de novo aos playoffs, onde de novo se atoparían cos Philadelphia 76ers de Julius Erving na final de conferencia. Tras salvar un 3-1 en contra, os Celtics meteríanse na final, onde derrotarían aos Houston Rockets, sendo o primeiro título dos tres que Bird conseguiría ao longo da súa carreira.
1982-1987: Bird vs Magic miniatura|Monumento adicado a Larry Bird en Boston. A chegada de Bird e Johnson rexuveneceu a NBA, unha liga en horas baixas debido aos seus preocupantes índices de audiencia nas televisións. A rivalidade entre ambos, a cal viña desde as súas épocas universitarias, prolongouse no ámbito profesional, levando aos seus equipos todo o máis alto. Así, mentres Bird conseguía o título en 1980, Magic facía o propio en 1980 e 1982. Ao longo das súas respectivas carreiras profesionais xuntáronse en tres finais máis. A rivalidade entre ambos os xogadores chegou a ser unha das máis relevantes da historia do deporte profesional estadounidense.The Great Rivalries: Russell vs. Wilt; Bird vs. Magic En 1984 os Celtics bateron aos Lakers no sétimo e definitivo partido da final, gañando 111-102. Bird tivo unha media de 27 puntos e 14 rebotes durante as series, gañándose con suor o premio de MVP das finais. Foi tamén nomeado MVP da liga regular. En 1985 repetiuse a final, pero esta vez foron os Lakers os que levaron o gato á auga en seis partidos. De tódolos xeitos, Bird volveu ser nomeado MVP da tempada.
Ao ano seguinte os Celtics volverían completar unha gran tempada, coa axuda doutro membro do Basketball Hall of Fame, Bill Walton. Tras ser rexeitado polos Lakers, e como última opción, chamou ao "general manager" de Boston Red Auerbach. Este en principio tivo reticencias para correr riscos fichando a Walton, cun amplo historial de lesións, pero Bird, que casualmente estaba na oficina de Auerbach no momento da chamada, pediu fichalo, argumentando que se "Walton sente que ten a suficiente saúde para xogar, é todo o que necesito oir". Con Walton dando minutos de descanso a McHale e Parish, os Celtics regresarían ás Finais de 1986, aínda que esta vez non se enfrontarían aos Lakers, que foran derrotados na final da Conferencia Oeste por Houston Rockets. Os Celtics de 1986, que acabaron a tempada regular cun balance de 67 vitorias por tan só 15 derrotas, están considerados o mellor da Era Bird, e un dos "10 mellores da historia da NBA". Bird foi novamente nomeado MVP das finais, tras ter unha media de triplo-dobre nas series: 24 puntos, 10 rebotes e 10 asistencias. Conseguiu ademais o seu terceiro MVP da NBA consecutivo, igualando aos dous grandes pivotes dominantes dos anos 60, Bill Russell e Wilt Chamberlain, os únicos que conseguiran en tres ocasións consecutivas esta distinción.NBA Most Valuable Player En 1987 os Celtics farían a súa última aparición nas Finais da era Bird, pasando as series previas non sen dificultades ante Milwaukee Bucks e Detroit Pistons, pero alcanzando a rolda final. Cunha praga de lesións, caeron ante os Lakers, que dominaran a fase regular con 65 vitorias, en 6 partidos. Ao ano seguinte os Celtics perderon ante os Pistons na final da Conferencia Leste.
Bird e Johnson conseguiron oito títulos entre os dous nos anos 80, cinco Magic e tres Larry. En tódalas finais da década sempre apareceron os Celtics, os Lakers ou ambos. A súa rivalidade foi tal que se produciron unhas enormes audiencias de televisión nos seus enfrontamentos. Dende a rivalidade de Chamberlain e Russell nos anos 60, ningunha atraera máis ao público. O contraste de estilos de xogo entre ambos e os seus equipos parecía sacado dun guión de televisión: o mozo branco introvertido dunha pequena cidade xogando nun equipo rochoso e práctico ante o espectáculo do atleta de cor dirixindo a un equipo caracterizado polo Showtime. Un anuncio para a televisión da marca Converse reflectiu á perfección a dicotomía entre ambos os xogadores: mentres Bird aparecía xogando nunha pequena cancha rural, Johnson baixábase dunha limusina para enfrontarse nun un contra un. Ademais de neste, apareceron xuntos en varios anuncios máis da mesma marca.Anuncio de Converse Weapon A pesar da intensidade da rivalidade, Bird e Johnson chegaron a ser amigos fóra dos terreos de xogo. Magic apareceu na cerimonia de homenaxe a Bird na súa retirada, o 4 de febreiro de 1993, describindo con emoción ao de Boston como un amigo para toda a vida.Larry Bird's retirement with Magic Johnson (1) Larry Bird's retirement with Magic Johnson (2) Larry Bird's retirement with Magic Johnson (3)
1988-1992: Retirada no cumio
En 1988, Bird tivo a súa mellor tempada estatisticamente falando, cunha media de 29,9 puntos, 9,3 rebotes e 6,7 asistencias por partido, mais por primeira vez en catro anos os Celtics non conseguiron chegar á final, caendo en seis partidos ante Detroit Pistons nas Finais da Conferencia Leste. Bird comezou a tempada 1988-89, mais terminouna tras disputar soamente seis partidos. Unha grave lesión nos seus talóns fíxolle pasar polo quirófano, perdéndose o resto da tempada. Regresou ao ano seguinte, mais con problemas de costas, e cuns Celtics cun cadro cada vez máis envellecido. A pesar de todo iso, Bird mantivo o seu status de xogador de primeira liña. Nos seu tres últimos anos como profesional tivo unha media de 20 puntos, 9 rebotes e 7 asistencias por partido, anotando máis do 45% de tiros de campo e liderando ao seu equipo en todas as súas aparicións en playoffs.
Bird participou tamén na selección nacional de Estados Unidos nos Xogos Olímpicos de Barcelona 92, equipo que foi máis coñecido como o Dream Team, por contar entre os seus xogadores, á parte do propio Bird con outros grandes xogadores da historia da NBA, como Charles Barkley, Michael Jordan, Scottie Pippen e Magic Johnson. Era a primeira vez que os Estados Unidos enviaba un equipo composto de xogadores profesionais. Tras eses Xogos Olímpicos Bird retirouse debido a unha lesión nos nervios das súas costas. Atrás deixou unhas estatísticas de máis de 24 puntos, 10 rebotes e 6 asistencias por partido. A súa camiseta co número 33 foi rapidamente retirada polo seu equipo como homenaxe a toda a súa carreira.
Estadísticas Temporada regular
