Dorothea Lange, nada en Hoboken (Nova Jersey) o 26 de maio de 1895 e finada en San Francisco (California) o 11 de outubro de 1965, foi unha fotoxornalista documental estadounidense. Acadou sona polo seu traballo durante a Gran Depresión para a oficina de Administración de Seguridade Agraria (FSA), que a converteron nunha das personalidades máis destacadas do fotoxornalismo a nivel mundial.
Traxectoria Lange naceu en Hoboken e formouse na Wadleigh High School para mulleres, en Nova York. Despois estableceuse en San Francisco onde atopou traballo nunha tenda de material fotográfico. Alí, Lange coñeceu a outros fotógrafos e coñeceu a un investidor que a apoiou a creación dun estudio de retratos de éxito. Pero no inicio da Gran Depresión, virou o seu obxectivo do estudio para a rúa.
No fondo da Gran Depresión, en 1933, uns catorce millóns de persoas nos Estados Unidos estaban sen traballo; moitos sen fogar, á deriva sen rumbo e sen comida suficiente. No medio oeste e suroeste, a seca e as tormentas de po aumentaron os estragos económicos. Durante a década de 1930, unhas 300.000 persoas emigraron cara ao oeste a California, coa esperanza de atopar traballo.
Lange comezou a fotografar a esta xente desafortunada, deixando o seu estudio para documentar as súas vidas nas rúas e estradas de California. Percorreu os camiños coa cámara, retratando o alcance da conmoción social e económica da Depresión. É aquí onde Lange atopou o seu propósito e dirección como fotógrafa; xa non era retratista; pero tampouco era fotoxornalista. En cambio, Lange fíxose coñecida como unha das primeiras e das mellores fotógrafas documentais dos Estados Unidos. miniatura|A icónica fotografía de Lange en 1936 de Florence Owens Thompson, Migrant Mother ( Nai Migrante )|centro Notas
Véxase tamén Outros artigos Nai migrante Ligazóns externas Información sobre Dorothea Lange Oakland Museum of California - Dorothea Lange
Categoría:Fotógrafos dos Estados Unidos de América Categoría:Fotoxornalistas Categoría:Nados en 1895 Categoría:Nados en Hoboken, Nova Jersey Categoría:Finados en 1965 Categoría:Estadounidenses de ascendencia alemá