O Limoges Cercle Saint-Pierre, comunmente coñecido como Limoges CSP, é un club de baloncesto profesional francés con sede na cidade de Limoges, Lemosín. O club foi fundado en 1929 e viviu os seus mellores momentos nas décadas de 1980 e 1990, cando conquistou os máis importantes títulos de Francia en diversas ocasións, así como diversos títulos europeos, incluída a Euroliga conquistada en 1993. Actualmente compite na LNB Pro A, máxima categoría do baloncesto francés.
Historia O Limoges Cercle Saint-Pierre foi fundado en 1929, con todo, non comeza a ser un equipo exitoso até a década de 1980, cando en 1981 gaña o seu primeiro título importante: a Copa de Francia. A partir desta data o club comeza a gañar con asiduidade os títulos de campión de Liga e de Copa no seu país, alén de destacar en competicións europeas. De feito, foi o primeiro equipo galo en gañar o máximo título europeo en calquera deporte ao conseguir a Euroliga en 1993. Porén, o equipo xa gañara anos antes varios títulos continentais, como dúas Copas Korać, en 1982 en 1983, ambas ante o Šibenka Šibenik (90–84 e 94–86), e unha Recopa en 1988 ante o Joventut Badalona (96–89). Posteriormente, no ano 2000, gaña de novo a Korać, esta vez ante o Unicaja Málaga (80–58 e 51–60).
A nivel local, na temporada 1999–00 o Limoges conseguía gañar o seu noveno título de Liga, con todo, sería descendido ao final da temporada á LNB Pro B por problemas financeiros. O equipo só permanece un ano na segunda división, máis o seu retorno á máxima categoría sería breve, descendendo de novo en 2004. De feito, ao comeza a temporada 2004–05 o Limoges xogaba na NM1, a terceira categoría. Desde esa temporada o club tardaría seis anos en volver á elite, aparecendo fugazmente na primeira división en 2011 para volver a descender. Con todo, o club regresa á Por A ao ano seguinte volvendo ás súas vellas glorias o conseguir en 2014 o seu décimo título de liga tras vencer ao Strasbourg IG por 0–3 na final.
Debido ao título de liga o club sería invitado para xogar a Euroliga 2014–15, no que sería o seu retorno a máxima competición europea tras dezasete anos de ausencia. Con todo, o retorno non sería destacábel, xa que o Limoges perdería 8 dos 10 partidos disputados, gañando unicamente ao Unics Kazan e ao Cedevita, antes de ser relegados á Eurocup, onde foi tamén rapidamente eliminado. No campionato local o club volve facerse co título de campión. Durante a fase regular o Limoges quedaría clasificado en terceiro lugar tras o JSF Nanterre e o Strasbourg, porén o club consegue chegar á final. Na final, o club do Lemosín vence de novo ao Strasbourg, esta vez por 1-3.
Uniformes
Pavillón
O Palacio de Deportes Beaublanc (en occitano: Bòsc Blanc) está situado no parque de deportes da cidade de Limoges. Foi construído en 1981 grazas a. Xavier Popelier e a Albert Chaminade. Desde aquela acolle os partidos como local do Limoges, alén doutros eventos deportivos como a Copa Davis ou partidos de baloncesto e balonmán femininos. Até a construción do Palais des Sports de Pau en 1991 era o pavillón de baloncesto máis grande do país.
Xogadores Cadro actual {| class="toccolours" style="font-size: 95%; width: 100%; " ! colspan="2" style="background-color:#2E8B57; color:#FFFFFF; text-align: center;" | Limoges CSP 2015−2016 |- style="background-color:#FFD700; color:#2E8B57; text-align: center;" ! Xogadores !! Adestradores |- | valign="top" | {| class="sortable" style="background:transparent; margin:0px; width:100%;" ! Pos. !! # !! Nac. !! Nome !! Altura !! Peso !! Procedencia
Palmarés 300px|thumbnail|right|Os seareiros do Limoges celebrando o título de Liga de 2015. Competicións europeas Euroliga Campións (1): 1992−93 F4 3º posto (1): 1989−90 F4 4º posto (1): 1994−95 Copa Saporta Campións (1): 1987−88 Copa Korać Campións (3): 1981−82, 1982−83, 1999−00 Subcampións (1): 1986−87
Competicións domésticas Liga de Francia Campións (11): 1982−83, 1983–84, 1984–85, 1987–88, 1988–89, 1989–90, 1992–93, 1993–94, 1999−00, 2013−14, 2014−15 Copa de Francia Campións (6): 1981−82, 1982–83, 1984–85, 1993–94, 1994–95, 1999−00 Leaders Cup Campións (2): 1987−88, 1989–90 Supercopa de Francia Campións (1): 2012 Segunda Divisón de Francia Campións (2): 2000−01, 2011–12
Non oficial Pequena Tripla Coroa Campións (2): 1987−88, 1999−00
Históricos Xogadores
Richard Dacoury Hugues Occansey Jean-Michel Sénégal Gregor Beugnot Jim Bilba Yann Bonato Apollo Faye Jimmy Vérove Georges Vestris Jacques Wampfler Frédéric Forte Jacques Monclar Stéphane Ostrowski David Thévenon Frédéric Weis Thierry Rupert Jure Zdovc Michael Brooks Marcus Brown Dawan Robinson Don Collins Jermaine Bucknor Clarence Kea George Montgomery Dragan Lukovski Branko Milisavljevic Branko Sinđelić Ognjen Vukićević Mileta Lisica Billy Knight Steffon Bradford Joah Tucker Alex Acker Taurean Green Ronnie Taylor Zack Wright Carl Thomas R.T. Guinn J.K. Edwards Spencer Dunkley John Amaechi Ville Kaunisto Radoslav Rančík Oscar Yebra Lionel Moltimore Ed Murphy Alex Oriakhi Harper Williams Michael Young Tommy Adams Cedrick Banks Travarus Bennett John McCord J.R. Patrick J.R. Koch J. R. Reynolds Clinton Smith Glenn Mosley Leon Douglas Mark Wickman Willie Redden Kevin Braswell Kevin McGee Grant Gondrezick Edin Bavčić Marin Prskalo Andrius Ragauskas Angelos Tsamis
Adestradores André Buffière (1980–83) Pierre Dao (1983–86) Michel Gomez (1986–90) border|20px|Iugoslavia Božidar Maljković (1992–95) Zvi Sherf (1995–96) border|20px|Bosnia e Hercegovina Bogdan Tanjević (1996–97) border|20px|Serbia e Montenegro Duško Ivanović (1999-00) Panagiotis Giannakis (2012–13) Jean-Marc Dupraz (2013–2015) Philippe Hervé (2015–presente)
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Web oficial do CSP Limoges Encyclopedia non oficial
Limoges Limoges