Year Zero (tamén coñecido coma Halo 24) é o sexto álbum de estudio da banda de rock industrial estadounidense Nine Inch Nails. Foi editado o día 16 de abril do 2007 baixo o selo Interscope Records. O álbum foi producido polo líder da banda, Trent Reznor, e Atticus Ross, mesturado polo vello colaborador do grupo Alan Moulder e masterizado por Brian Gardner. O álbum foi composto por Trent Reznor durante a xira do seu anterior traballo, With Teeth. En contraste co estilo máis introvertido de composición que Reznor usou en traballos anteriores, Year Zero é un álbum conceptual que criticaba ás políticas contemporáneas do goberno dos Estados Unidos presentando unha visión distópica do ano 2022.
O álbum é parte dun proxecto máis grande que inclúe un álbum de remesturas, un xogo de realidade alternativa, e unha potencial película. O xogo de realidade alternativa Year Zero ampliou a historia ficticia do disco usando medios tales como páxinas web, mensaxes telefónicas pre-gravadas ou murais.
Listaxe de cancións "HYPERPOWER!" – 1:42 "The Beginning of the End" – 2:47 "Survivalism" – 4:23 "The Good Soldier" – 3:23 "Vessel" – 4:52 "Me, I'm Not" – 4:51 "Capital G" – 3:50 "My Violent Heart" – 4:13 "The Warning" – 3:38 "God Given" – 3:50 "Meet Your Master" – 4:08 "The Greater Good" – 4:52 "The Great Destroyer" – 3:17 "Another Version of the Truth" – 4:09 "In This Twilight" – 3:33 "Zero-Sum" – 6:14
Categoría:Álbums de Nine Inch Nails Categoría:Álbums musicais de 2007 Categoría:Álbums conceptuais Categoría:Álbums producidos por Trent Reznor Categoría:Álbums producidos por Atticus Ross Categoría:Álbums de Interscope Records