miniatura|200px|Molécula de arxentita. A arxentita (do latín argentum, que significa "prata"), tamén chamada arxirita, é un sulfuro de fórmula Ag2S. Se é pura contén un 87,1% de prata. A acantita é unha pseudomorfa da arxentita, que se forma a unha temperatura inferior de 179 °C.

Aspecto

A arxentita preséntase en cristais hexaédricos e octoédricos; son escasos os cristais dodecaédricos. Con formas filiformes e arborescentes.

Depósitos

Preséntase en concentracións hidrotermais, de baixa temperatura, de sulfuros con outros minerais de prata. É abundante en Comstock Lode, Nevada.

Aplicacións

É unha das menas de prata máis importante.

Véxase tamén Ligazóns externas Mindat.org Webmineral.org

Categoría:Minerais