New Order é unha banda inglesa formada en 1980 por Bernard Sumner (voces, guitarras, sintetizadores), Peter Hook (baixo, coros, batería electrónica) e Stephen Morris (batería, sintetizadores). New Order formouse a raíz da desaparición do seu anterior grupo, Joy Division, despois do suicidio do vocalista Ian Curtis. Posteriormente uníuselles a teclista Gillian Gilbert.
Traxectoria New Order combinou post-punk e dance electrónico e converteuse nunha das bandas máis aclamadas pola crítica e máis influentes dos anos 80. A pesar de que nos seus primeiros anos estivo ensombrecida polo legado de Joy Division, a súa inmersión na escena de clubs de Nova York a principios dos 80 aumentou os seus coñecementos sobre a música dance. O seu hit de 1983 "Blue Monday" achegounos de cheo á música dance e aos instrumentos sintetizados, e trátase do sinxelo de 12" máis vendido da historia. New Order foi a banda insignia do selo Factory Records, e as súas portadas minimalistas reflectían a estética do selo. A banda foi considerada frecuentemente tanto polos seareiros, coma críticos e outros músicos como unha forza moi influente nas escenas do rock alternativo e da música dance.
New Order estivo en hiato entre 1993 e 1998, tempo durante o cal os seus membros participaron en varios proxectos paralelos. A banda reuniuse en 1998 e no 2001 editaron Get Ready, o seu primeiro álbum en oito anos. No 2005 Phil Cunningham (guitarra, sintetizadores) substituíu a Gilbert, que deixara o grupo debido a compromisos familiares.
No ano 2007 Peter Hook deixou a banda e afirmou que el e Sumner non tiñan máis plans para traballar xuntos. Sumner revelou no 2009 que xa non desexaba facer máis música como New Order. Sumner e Cunningham agora traballan xuntos na banda Bad Lieutenant. Hook editou música con Freebass, unha banda inglesa con tres baixistas, Hook, Andy Rourke (antigamente en The Smiths) e Gary "Mani" Mounfield (antigamente en The Stone Roses e na actualidade en Primal Scream) co cantante Gary Briggs (antigamente de Haven). A banda reuniuse en 2011 sen Hook, regresando Gilbert e con Tom Chapman ocupando o lugar do baixo.
Discografía Álbums de estudio Álbum Ano Selo Movement 1981 Factory Records Power, Corruption & Lies 1983 Factory Records Low-Life 1985 Factory Records, Qwest Records Brotherhood 1986 Factory Records Technique 1989 Factory Records Republic 1993 London Records Get Ready 2001 London Records Waiting for the Sirens' Call 2005 London Records Lost Sirens 2013 Rhino Records Music Complete 2015 Mute Records
Recompilatorios Substance 1987 - 1987 (Factory, Qwest) The John Peel Sessions - 1990 (Strange Fruit) (the best of) New Order - 1994 (London, Qwest) (the rest of) New Order - 1995 (London, Qwest) Before & After – The BBC Sessions - 2002 (Fuel 2000) International - 2002 (London) Retro - 2002 (London) In Session - 2004 (Strange Fruit) Best Remixes - 2005 (Warner Bros.) Singles - 2005 (Warner Bros.) iTunes Originals – New Order - 2007 (London) Total: From Joy Division to New Order - 2011 (WEA UK, Rhino) Véxase tamén
Categoría:Grupos musicais de post-punk Categoría:Grupos musicais do condado do Gran Manchester Categoría:Gañadores do Premio Ivor Novello