Echo & the Bunnymen é unha banda inglesa de post-punk, formada en Liverpool en 1978. Os seus membros orixinais foron o vocalista Ian McCulloch, o guitarrista Will Sergeant e o baixista Les Pattinson, axudados por unha caixa de ritmos. No ano 1980 Pete de Freitas uniuse como batería, e o seu álbum de estrea, Crocodiles, foi aclamado pola crítica entrando no Top 20 británico. O seu segundo álbum, Heaven Up Here, novamente agradou á crítica e acadou o número 10 nas listas británicas de álbums. O status de culto da banda foi seguido polo éxito masivo a mediados dos anos 80, e conseguiron entrar no Top 10 británico co tema "The Cutter", e o seu correspondente álbum, Porcupine, acadaría o número 2 no Reino Unido. A súa seguinte edición, Ocean Rain, continuou co éxito nas listas británicas, e é considerado o seu álbum máis destacado, con sinxelos coma "The Killing Moon", "Silver" e "Seven Seas". Un novo álbum de estudio, Echo & the Bunnymen, foi editado antes de que McCulloch deixase a banda para comezar unha carreira en solitario en 1988. O ano seguinte de Freitas morreu nun accidente de moto, e a banda reapareceu cunha nova formación. Aos membros orixinais Will Sergeant e Les Pattinson uníuselles Noel Burke coma vocalista, Damon Reece na batería e Jake Brockman nos teclados. Esta nova encarnación editou Reverberation en 1990, pero tanto as críticas como as vendas remataron por desfacer a banda no ano 1992.
Despois de traballar xuntos coma Electrafixion, McCulloch e Sergeant reuníronse con Pattinson en 1997 e volveron coma Echo & the Bunnymen co tema "Nothing Lasts Forever". Un álbum con material novo, Evergreen, tivo un bo recibimento por parte da crítica e a banda tivo unha volta exitosa. Aínda que Pattinson deixou o grupo por segunda vez, McCulloch e Sergeant continuaron facendo novo material coma Echo & the Bunnymen, incluíndo os álbums What Are You Going to Do with Your Life? de 1999, Flowers do 2001, Siberia do 2005 e The Fountain' do 2009.
Discografía Álbums de estudio Álbum Ano Selo Crocodiles 1980 Korova Heaven Up Here 1981 Sire Records Porcupine 1983 Sire Records Ocean Rain 1984 Sire Records Echo & the Bunnymen 1987 Sire Records Reverberation 1990 Sire Records Evergreen 1997 London Records What Are You Going to Do with Your Life? 1999 London Records Flowers 2001 Cooking Vinyl Siberia 2005 Cooking Vinyl The Fountain 2009 Ocean Rain Meteorites 2014 429 Records The Stars, the Oceans & the Moon 2014 BMG Apples for Isaac 2026 BMG
EPs Shine So Hard - 1981 (Korova) The Sound of Echo - 1984 (Korova) Life at Brian's – Lean and Hungry - 1984 (Korova) The Peel Sessions - 1988 (Strange Fruit Records) New Live and Rare - 1988 (WEA) World Tour E.P. - 1997 (PolyGram) Avalanche - 2000 (Gimme Music) Live from Glasgow'' - 2009 (Ocean Rain)
Categoría:Grupos musicais de post-punk Categoría:Grupos musicais de rock alternativo Categoría:Grupos musicais de Liverpool Categoría:Grupos musicais formados en 1978 Categoría:Grupos musicais separados en 1992 Categoría:Grupos musicais reunidos en 1996 Categoría:Artistas de Warner Bros. Records Categoría:Artistas de Zoo Records