Benigno Fraga Pita, coñecido como Alejandro, nado nas Somozas en 1892 e finado en Chandrexa de Queixa o 28 de abril de 1949, foi un guerrilleiro antifranquista galego.
Traxectoria Afiliado ao Partido Comunista de Cuba, país do que foi expulsado pola ditadura de Gerardo Machado. Traballou como mestre armeiro nos arsenais ferroláns. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido, pasando algún tempo no cárcere. Depurado, foi expulsado do seu traballo no Arsenal véndose na necesidade de traballar como mosaísta.
En 1946 era membro do Comité provincial coruñés do Partido Comunista de España, exerceu de secretario de Organización en Ferrol, pero viuse forzado a fuxir ao monte ao ser descuberta pola policía a súa pertenza ao PCE logo da detención de Alejandro Gama Casalderrey. Ao incorporarse á guerrilla foi enviado a Ourense en agosto de 1946, como delegado do PCE para crear a II Agrupación do Exército Guerrilleiro de Galicia e reorganizar a loita contra o Réxime franquista, acompañado por Samuel Mayo Méndez (coñecido como "Saúl das Olas", "Pelayo" e "Raúl") e José María Saavedra Díaz (coñecido por "Pepe"). Benigno permaneceu en Ourense desempeñando o cargo de comisario político da recentemente creada II Agrupación. Foi reclamado polo xuíz militar da Coruña en setembro de 1948 encartado na causa 36/46 xunto con Diego Romero Jiménez, Segundo Vilaboy Martínez, Carlos Allegue Caruncho, Antonio Tenreiro Leira, Adolfo Allegue Allegue e Jesús Calvo García.BOE, 22-9-1948, p. 2154.
O 28 de abril de 1949 caeu baixo as balas das forzas da Garda Civil no Candedo (Chandrexa de Queixa). Foi soterrado no cemiterio de Celeiros.
Os seus restos foron recuperados pola ARMH e soterrados en Ferrol o 12 de novembro de 2021.Un entierro «lleno de alegría y de justicia» que da descanso a los restos de Benigno Fraga
Vida persoal
Casou con Ramona López Guerreiro e foi pai de Beatriz e Conrado Fraga López.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Categoría:Políticos do PCE Categoría:Guerrilleiros antifranquistas de Galicia
Categoría:Nados nas Somozas Categoría:Galegos de Cuba Categoría:Nados en 1892 Categoría:Finados en 1949 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes