Hermenexildo González, ou Hermenexildo Gundisalviz tamén coñecido como Mendo I Gonçalves ou Hermenexildo Gonçalves Betotes, nado cara 900 e finado o 24 de xullo de 950, conde de Deza, foi un aristócrata galego do reino de Galiza que gobernou o condado de Portugal. (m. c. 943-950). Foi o proxenitor dunha das liñaxes principais galaicoportugueses da Alta Idade Media.

Traxectoria miniatura|Límites actuais da comarca do Deza na provincia de Pontevedra. Os seus pais foron o conde de Deza Gonzalo Betotiz, ou Gonzalo Afonso Betote, e a condesa Tareixa Eriz, filla do conde Ero Fernández. Tivo varios irmáns, entre eles a raíña Aragonta, esposa do rei Ordoño II de León, así como o conde Paio González.

Debeu falecer entre 943, ano en que aparece por última vez na documentación, e 950 cando a súa viúva e fillos reparten a súa herdanza.

Matrimonio e descendencia Casou entre 915 e 920 coa condesa Mumadona Dias, filla do conde Diego Fernández (ou Diego Fredenandiz) e da condesa Onecca (Onega Garcés de Pamplona (850 -?) e bisneta de Vímara Perez, coa que tivo a Gonzalo Meendiz. En 926, o rei Ramiro II de León doou ao matrimonio a vila chamada Creixomil, próxima a Guimarães. Dous anos despois, a nai de Muniadona, Onecca, mencionando a todos os seus fillos, realizou unha doazón, confirmada por varios magnates, entre eles o seu xenro Hermenexildo, ao mosteiro de Lorvão en memoria domnissimi nostri nomini ueremudi diue memorie. Tiveron seis fillos:

Gonzalo Menendiz (m. c. 977) dux magnus de Portugal, esposo de Ilduara Páez, filla do conde Paio González e de Hermesinda Guterrez; Diego Menendiz (m. despois de 964), casado con Aldonza e pai da monxa Mumadona Dias. Ramiro Menendiz (m. denantes de 964), esposo de Adosinda Guterrez, filla do conde Gutier Menendiz e de Ilduara Eriz. Estes son posibelmente os pais da raíña Velasquita Ramírez, a primeira muller do rei Vermudo II de León. Onecca Menendiz, muller de Gutier Rodríguez. Nuño Menendiz (m. c. 959). Arias Menendiz.

Notas

Véxase tamén Bibliografía García Álvarez, Manuel Rubén (1960). «¿La Reina Velasquita, nieta de Muniadomna Díaz?» (en castelán). Revista de Guimarães (70): 197–230. Salazar y Acha, Jaime de (1989). «Los descendientes del conde Ero Fernández, fundador de Monasterio de Santa María de Ferreira de Pallares» (en castelán). El Museo de Pontevedra (43): 67–86. . SÃO PAYO, Luiz de Mello Vaz de. A Herança Genética de D. Afonso Henriques. Porto, Universidade Moderna, 2002. p. 289. Torres Sevilla y Quiñones de León, Margarita Cecilia (1999). Linajes nobiliarios de León y Castilla: Siglos IX-XIII (en castelán). Salamanca: Xunta de Castela e León. ISBN 84-7846-781-5.

Categoría:Finados en 950 Categoría:Reino de Galicia Categoría:Condes de Portucale Categoría:Nobres de Galicia do século IX Categoría:Nobres de Galicia do século X Categoría:Nados no século IX