O Olympique Lyonnais (comunmente en galego: Olympique de Lión) é un club de fútbol da cidade francesa de Lión, no departamento de Ródano. Foi fundado en 1950 e xoga na Ligue 1.
Historia O Olympique de Lyon, club polideportivo, foi fundado en 1899 co nome de Lyon Olympique. En 1910 cambiou o seu nome a Lyon Olympique Universitaire. En 1942 o equipo volveuse profesional e en 1950 cambiou finalmente o nome polo actual.
Debutou na Ligue 1 na tempada 1945/1946. En 1964 gañou o seu primeiro título: a Copa de Francia. Cabe destacar que o seu primeiro título de Primeira División Francesa chegou recentemente na tempada 2001/02. Desde entón, tivo un extraordinario refacho de 7 títulos consecutivos, que acabou co terceiro lugar conseguido na tempada 2008-09. Así, o Lión converteuse no club con máis títulos obtidos de forma consecutiva (7).
Na tempada 2009-10 clasifícase por primeira vez á semifinal da Liga de Campións da UEFA ao vencer ao Girondins de Bordeaux cun resultado glob de 3-2.
Uniforme Uniforme titular: Camiseta branca, pantalón branco e medias brancas. Uniforme alternativo: Camiseta negra, pantalón negro e medias negras.
Estadio miniatura|dereita|250px|Parc Olympique Lyonnais
O Olympique Lyonnais xoga, dende a súa inauguración o 9 de xaneiro de 2016, no Parc Olympique Lyonnais. O estadio atópase ás aforas da cidade de Lión, na comuna de Décines-Charpieu. Ten capacidade para 59.186 espectadores. Ata 2016 o equipo xogaba os seus partidos no Stade Gerland.
Xogadores Cadro actual Datos do 27 de xullo de 2020
Palmarés Torneos nacionais Ligue 1 (7): 2002, 2003, 2004, 2005, 2006, 2007, 2008 Ligue 2 (3): 1951, 1954, 1989 Copa de Francia (4): 1964, 1967, 1973, 2008 Copa da Liga (1): 2001 Supercopa de Francia (7): 1973, 2002, 2003, 2004, 2005, 2006, 2007
Torneos internacionais Copa Intertoto da UEFA (1): 1997
Ligazóns externas Sitio web oficial
Categoría:Olympique Lyonnais