José Luis Novo Cazón, nado en Vilalba o 12 de decembro de 1949 e finado o 7 de novembro de 2013"Vilalba despide a José Luis Novo Cazón, ex presidente do Iescha", artigo en La Voz de Galicia, 7 de novembro de 2013., foi un historiador galego.
Traxectoria Licenciouse en Filosofía e Letras e fixo posteriormente o doutoramento en Historia pola Universidade de Oviedo. Foi catedrático de Xeografía e Historia en Bacharelato. Foi subdirector xeral do Libro, Bibliotecas e Patrimonio Documental da Xunta de Galicia entre 1984 e 1988, e director xeral da EXB tamén coa Xunta de Galicia entre 1987 e 1990. Traballou no IES Nosa Señora dos Ollos Grandes de Lugo.
Foi o Presidente do Instituto de Estudos Chairegos entre 2005 e 2008.
Obra en galego Ensaio O legado santiaguista de Vilar de Donas (1989). Un xeito de olla-la obra escultórica de Víctor Corral Castro (Citania de Publicacións, 2001). O camiño norte de Santiago na plumiña de Ramón Guntín (Instituto de Estudos Chairegos, 2004). A Memoria de Vilalba (2006). Galegos na historia: Lois Peña Novo (Editorial Ir Indo).
Obras colectivas Chanot, pintor gaditano-vilalbés (Instituto de Estudos Chairegos, 2007). Con Xosé M. Felpeto Enríquez. Capelas e ermidas da Costa. A relixiosidade barroca en San Simón (Instituto de Estudos Chairegos, 2009). Con Sabela Figueira Tenreiro e Carme Pernas Bermúdez. Avelino Fernández, memorias dun mestre itinerante (Instituto de Estudos Chairegos, 2009). Coordinación do volume xunto a Manuel Roca Cendán.
Obra en castelán Ensaio Loio: de monasterio fructuosiano a encomienda santiaguista (1984). El priorato santiaguista de Vilar de Donas en la Edad Media (1194-1500) (1986).
Notas
Categoría:Alumnos da Universidade de Oviedo Categoría:Nados en Vilalba Categoría:Nados en 1949 Categoría:Finados en 2013 Categoría:Historiadores de Galicia Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes