Jordi Cruyff, nado en Ámsterdan o 9 de febreiro de 1974, é un futbolista catalán-holandés que xoga na demarcación de dianteiro. É fillo do lendario futbolista Johan Cruyff. Actualmente é asesor deportivo do FC Barcelona.
Traxectoria Formouse nas categorías inferiores do FC Barcelona, debutando co primeiro equipo na tempada 1994/95 dirixido polo seu pai Johan Cruyff. Ao finalizar a tempada seguinte foi cedido ao Manchester United da Premier League, porén non contou con moitas oportunidade e foi cedido ao Celta de Vigo na tempada 1998/99, pero so disputou oito encontros marcando un gol.
No ano 2000 volve á liga española para xogar no Deportivo Alavés xa en propiedade, en Vitoria milita tres tempadas, sendo unha peza importante do equipo que chega a clasificarse para a Copa da UEFA, porén ao final desa mesma tempada o equipo descende a Segunda División Española. Jordi deixa o equipo e ficha polo RCD Espanyol.
Ao finalizar esa tempada permaneceu en Barcelona semiretirado a causa das lesións, adestrandose co FC Barcelona B e disputando algún encontro de veteranos.
Na tempada 2006/07 volveu á actividade ao fichar polo FC Metalurh Donetsk da primeira división ucraína, xogou no equipo tres tempadas ao final das cales ocupaba a posición de defensa central.
En xuño de 2009 fichou polo Valletta FC de Malta, onde tamén realizou os labores de asistente do técnico, Tom Caanen.
Finalmente retirouse en 2012, xogando no AEK Larnaca de Chipre.
Coa selección de fútbol Foi internacional coa selección de fútbol dos Países Baixos en nove ocasións, anotando un gol. Baixo as ordes de Guus Hiddink disputou a Eurocopa de Fútbol Inglaterra 1996.
Tamén disputou nove encontros coa selección de fútbol de Cataluña, marcando dous goles.
Palmarés Títulos en España 1 Supercopa co FC Barcelona: 1994-95
Títulos en Inglaterra 2 Ligas co Manchester United 2 Supercopas co Manchester United
Títulos internacionais 1 Copa intercontinental co Manchester United
Véxase tamén Ligazóns externas Ficha do xogador no sitio web da FIFA . Perfíl do xogador en Bdfutbol
Categoría:Nados en 1974 Categoría:Nados en Ámsterdam Categoría:Futbolistas dos Países Baixos Categoría:Dianteiros de fútbol Categoría:Xogadores do FC Barcelona B Categoría:Xogadores do FC Barcelona Categoría:Xogadores do Manchester United FC Categoría:Xogadores do Celta de Vigo Categoría:Xogadores do Deportivo Alavés Categoría:Xogadores do RCD Espanyol Categoría:Xogadores do FC Metalurh Donetsk Categoría:Xogadores do Valletta Football Club Categoría:Xogadores do AEK Larnaca Categoría:Xogadores da selección de fútbol dos Países Baixos Categoría:Xogadores da selección de fútbol de Cataluña Categoría:Adestradores do AEK Larnaca Categoría:Adestradores de fútbol dos Países Baixos Categoría:Directores deportivos de fútbol