Marc Gené Guerrero, nado en Sabadell o 29 de marzo de 1974, é un piloto probador catalán de Fórmula 1, irmán do tamén piloto Jordi Gené, que traballa na Scuderia Ferrari, compaxinando este traballo coa competición automobilística coas Le Mans Series.
Traxectoria Gañou un lugar na máxima categoría do mundo do motor tras gañar o Campionato Fórmula Open Nissan en 1998, o que lle conseguiu unha proba co modesto equipo de F1 Minardi. Nesta proba, co apoio de Telefónica, logrou un asento oficial nese equipo.
Fórmula 1 En 1999, Gené debutou na F1, logrando un punto no Gran Premio de Europa ao finalizar en sexta posición. Marc superou ao seu compañeiro de equipo Luca Badoer e foi nomeado "Mellor debutante do ano 1999". Non puido repetir a fazaña ao ano seguinte, pero volveu mostrar un rendemento maior có do seu compañeiro.
En 2001, probablemente grazas á súa grande actuación en Indianápolis, Gené pasou a formar parte da escudaría BMW Williams como piloto de probas, onde permaneceu ata o ano 2004. En 2003 disputou unha carreira como substituto do lesionado Ralf Schumacher, na que conseguiu un quinto posto. En 2004, tamén substituíu en dúas ocasións a Ralf Schumacher. Non obstante, o Williams non se mostrou moi competitivo nesas carreiras e ademais tivo problemas técnicos, logrando Gené unhas discretas posicións que o afastaron dun dos asentos oficiais en Williams que quedaban libres pola marcha de Ralf e de Juan Pablo Montoya.
A finais de 2004, Marc fichou como piloto probador de Ferrari para a tempada 2005, onde aínda permanece. A finais de 2007 renovou o contrato como piloto probador da Scuderia para a tempada 2008 xunto a Luca Badoer; pero diminuíulles o traballo a causa da redución de adestramentos dea pretempada, dado que Bridgestone se converteu na única marca subministradora de pneumáticos da Fórmula 1 desde 2007.
É dos poucos pilotos de Fórmula 1 que ademais ten unha carreira universitaria, é licenciado en economía e fala cinco idiomas. Ademais, comenta as carreiras de F1 na canle de televisión española La Sexta.
No ano 2007, compartiu os labores de piloto de probas de Ferrari coas de piloto oficial de Peugeot na mítica carreira das 24 Horas de Le Mans e as carreiras de Le Mans Series, conseguindo o cuarto posto na clasificación xeral do campionato tras dúas vitorias (nos trazados de Monza e Silverstone).
En xuño de 2009, trala noticia de que o equipo Campos Meta tería un lugar na grella da tempada 2010 de Fórmula 1, o nome de Gené apareceu entre os posibles candidatos para conseguir un volante de piloto oficial.
O 14 de xuño de 2009, Marc Gené converteuse no primeiro español en gañar as 24 Horas de Le Mans (a pesar de liderar a carreira durante sete horas, quedara segundo o ano anterior) compartindo pilotaxe con Alexander Wurz e David Brabham ao volante dun Peugeot 908 HDI FAP.
O 21 de marzo de 2010, Gené converteuse no segundo español tras Fermín Vélez en gañar as 12 horas de Sebring compartindo pilotaxe con Alexander Wurz e Anthony Davidson ao volante dun Peugeot 908 HDI FAP.
O día 12 de agosto de 2010 filtrouse o rumor, que se demostrou falso, de que Marc Gené será piloto titular a tempada 2011 de Fórmula 1 co equipo Hispania.
Resultados completos na Fórmula 1 As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva, volta rápida.
Ano Escudería 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 Posto Puntos 1999 Minardi AUSRet BRA9 SMR9 MON9 ESPRet CAN8 FRARet GBR15 AUT11 ALE9 HUN17 BEL16 ITARet EUR6 MAL9 XPNRet 18° 1 2000 Minardi AUS8 BRARet SMRRet GBR14 ESP14 EURRet MONRet CAN16 FRA15 AUT8 ALERet HUN15 BEL14 ITA9 USA12 XPNRet MALRet 18° 0 2003 BMW Williams AUSDNP MALDNP BRADNP SMRDNP ESPDNP AUTDNP MONDNP CANDNP EURDNP FRADNP GBRDNP ALEDNP HUNDNP ITA5 USADNP XPNDNP 17º 4 2004 BMW Williams AUSDNP MALDNP BAHDNP SMRDNP ESPDNP MONDNP EURDNP CANDNP USADNP FRA10 GBR12 ALEDNP HUNDNP BELDNP ITADNP CHNDNP XPNDNP BRADNP 22º 0
Resultados nas 24 horas de Le Mans Ano Coche Equipo Compañeiros Resultado 2007 Peugeot 908 Team Peugeot TotalNicolas Minassian / Jacques Villeneuve Abandono 2008 Peugeot 908 Team Peugeot TotalNicolas Minassian / Jacques Villeneuve 2º 2009 Peugeot 908 Team Peugeot TotalDavid Brabham / Alexander Wurz Gañador 2010 Peugeot 908 Team Peugeot TotalAlexander Wurz / Anthony Davidson Abandono
Outras actividades Durante a tempada 2004 de F1, Gené formou parte do equipo de comentaristas de Telecinco para algunhas carreiras. Posteriormente colaborou nas retransmisións para La Sexta.
Véxase tamén
Ligazóns externas Web oficial Marc Gené en foco (Entrevista)
Categoría:Pilotos de Fórmula 1 de España Categoría:Pilotos de Fórmula 1 de Minardi Categoría:Pilotos de Fórmula 1 de Williams Categoría:Pilotos de Fórmula 1 de Ferrari Categoría:Nados en Sabadell Categoría:Nados en 1974