Cefalalxia, cefalea (do latín cephalaea, e este do grego κεφαλαία, de κεφαλή, cabeza) ou dor de cabeza fai referencia ás dores e molestias localizadas en calquera parte da cabeza, nos diferentes tecidos da cavidade cranial, nas estruturas que o unen á base do cranio, os músculos e vasos sanguíneos que rodean o coiro cabeludo, face e pescozo. Na linguaxe coloquial cefalalxia é sinónimo de dor de cabeza..

As dores de cabeza frecuentes poden afectar as relacións persoais e o emprego. Dáse tamén un gran risco de depresión en persoas con dores de cabeza severas. É un dos síntomas máis comúns na medicina, e unha das razóns máis frecuentes das consultas a especialistas clínicos, pediatras e neurólogos, fisioterapeutas especializados en osteopatía e acupuntura. A cefalea é un síntoma universal no ser humano. Estímase que entre o 90 e o 100% das persoas terán algún tipo de dor de cabeza ao longo da vida.Año global contra el Dolor de Cabeza. Epidemiología del dolor de cabeza. Consultado o 02/02/2020

As cefaleas máis comúns do ser humano son a xaqueca e a cefalalxia tensional. A meirande parte das cefaleas non teñen unha causa subxacente grave e só unha de cada 1.000 das que chegan a necesitar de asistencia médica se deben a un tumor.

Desde a antigüidade coñécese a demanda de asistencial debido a cefalalxias: o trastorno xa é citado nalgúns documentos sumerios e exipcios. Hipócrates refírese, con gran coñecemento, ás cefaleas e individualiza con gran precisión a xaqueca con aura. Posteriormente a estes primeiros achegamento á temática houbo outros tratados cara ao tema ao longo da historia e en especial a partir da segunda metade do século XIX. Con todo non foi ata o ano 1948 cando se sistematizan por primeira vez hipóteses rigorosas (actualmente en parte superadas) sobre a patoxenia das diferentes cefaleas, grazas á publicación de Headache and other head pain Harold Wolff. Causas Hai máis de 200 tipos de dores de cabeza. Algúns son inofensivos e algúns son potencialmente mortais. A descrición da dor de cabeza e os achados no exame neurolóxico, determinan se se necesitan probas adicionais e que tratamento é o mellor.

As dores de cabeza teñen unha gran variedade de causas, dende forzar demasiado a vista ata a inflamación das cavidades sinusoidais ou, outras condicións perigosas como encefalite, cancro de cerebro, meninxite ou un aneurisma cerebral. Cando a dor de cabeza aparece xunto cunha ferida na cabeza, a causa é normalmente bastante evidente; aínda que moitas causas das dores de cabeza son de máis difícil diagnóstico. O tipo de dor de cabeza máis común é a dor de cabeza tensional. Moita xente ten dores de cabeza cando teñen fame ou están deshidratados (a deshidratación severa é unha das causas da dor de cabeza despois da borracheira, xa que o alcohol é un diurético).

As dores de cabeza clasifícanse en termos xerais como "primarias" ou "secundarias": Defínense como cefaleas primarias aquelas nas que non existe unha causa estrutural ou metabólica que explique a sintomatoloxía, mentres que nas secundarias a dor de cabeza non é máis que o síntoma dunha outra patoloxía subxacente. Na gran maioría de casos a cefalea é primaria, con todo a cefalea pode ser síntoma doutra enfermidade. Debido ao carácter esencialmente subxectivo da dor de cabeza, o feito de que se dean escasos indicadores clínicos e a falta de marcadores biolóxicos e anatómicos, para facer un diagnóstico da cefalea e a súa diferenciación faise necesario efectuar unha extensa e minuciosa valoración da historia do paciente. Nas cefaleas secundarias é onde a práctica de diversas técnicas médicas (exploración física, exame neurolóxico, neuroimaxe etc.) adquiren maior relevo.Acarín; Titus. 2000, páx. 3

As cefaleas tensionais son debidas á contracción e tensión dos músculos dos ombros, o colo, o coiro cabeludo e a mandíbula, xa que a miúdo están relacionados co estrés, a depresión ou a ansiedade. O feito de traballar demasiado non durmir o suficiente, omitir comidas e consumir alcohol ou alucinóxenos pode facer que as persoas sexan máis susceptibles ás dores de cabeza. Igualmente, as dores de cabeza poden ser desencadeadas polo chocolate, o queixo ou o glutamato monosódico (GMS). As persoas que consomen cafeína poden presentar dores de cabeza cando non obteñen a cantidade diaria usual.

Outras causas comúns poden ser:

Realizar unha actividade que obrigue a persoa a manter a cabeza na mesma posición durante moito tempo, como utilizar unha computadora, un microscopio ou unha máquina de escribir Durmir nunha posición anormal Esforzarse demasiado Estreitar a mandíbula ou chiar os dentes

As cefaleas tensionais tenden a darse en ambos os dous lados da cabeza e a miúdo comezan na parte posterior deste e propáganse cara a diante. A dor pode ser xorda ou opresiva, mesmo como unha banda axustada ou unha prensa arredor da cabeza. É posible que se senta dor e rixidez nos ombros, o colo e a mandíbula.

As xaquecas son dores de cabeza fortes e recorrentes que xeralmente están acompañadas doutros síntomas, como trastornos visuais ou náuseas, e tenden a comezar nun lado da cabeza, aínda que a dor se pode diseminar dun lado o outro. É posible que a persoa experimente unha "aura" (síntomas de advertencia que se inician antes da dor de cabeza) e xeralmente sente unha dor intensamente pulsátil e palpitante.

Tipos Hai moitos. No Dicionario Enciclopédico de Medicina, aparecen 26 definicións de cefalalxias, entre as que se poden destacar: Cefalalxia asociada co uso ou coa supresión de fármacos, que é producida por diferentes tipos de substancias como nitritos, dipiridamol, betahistina, reserpina, monóxido de carbono, alcohol etc. Cefalalxia tensional, e a cefalalxia crónica diaria, unha forma crónica da cefalalxia. É moi común entre os nenos. Cefalalxia esencial, que non ten unha causa coñecida. Cefalalxia hipertensiva; é orgánica, e débese a unha hipertensión arterial ou a unha hipertensión endocranial. Cefalalxia migrañosa, que é o síntoma principal do acceso de migraña, en crises recorrentes separadas entre elas por intervalos libres de síntomas. Cefalalxia en acios, ou cefalea de agrupamento, que evoluciona con accesos intensos, de curta duración (15-30 minutos) e recorrentes, de dor unilateral localizado nas zonas periorbitaria e frontal, con elevación da temperatura local, inxección conxuntival, lagrimeo, e rinorrea. Pode considerarse como unha variante da migraña. Cefalalxia neurótica ou cefalalxia psicoxénica, que é consecuencia dun conflito psíquico. Pode ser unha cefalea tensional ou unha cefalea orgánica por hipertensión arterial. Cefalalxia oftálmica, ocasionada por patoloxías no ollo como glaucoma, queratite, uveíte ou neurite óptica. Cefalalxia otorrinolaringolóxica, ocasionada por otite, sinusite etc. Cefalalxia orgánica ou cefalalxia sintomática. É a que é consecutiva a algún proceso subxacente: afeccións oculares, afeccións otorinosinusals, alteracións das estruturas craneocervical (cervicoartrose, tumors cerebrais, hipertensión endocranial etc.), repercusións metabólicas (intoxicacións, estados febriles, anemia, vasodilatación farmacolóxica etc.), estados postraumáticos e neuralxias craniais.

O National Institutes of Health (NIH), unha institución do goberno dos Estados Unidos dedicada á investigación médica, clasifica as dores de cabeza nun número relativamente limitado de categorías. Destacando cinco tipos de dor de cabeza fundamentais segundo sexan principalmente de tipo vascular, mioxénico (tensión muscular), de orixe cervical, de tracción, e como resposta inflamatoria. Vascular. O tipo máis común de dor de cabeza vascular é a migraña. Logo da migraña, o tipo máis común de dor de cabeza vascular é a dor de cabeza producido pola febre. Outro tipo de dor de cabeza vascular inclúe a cefalea en acios, que son dores de cabeza moi graves, recorrentes e de curta duración, a miúdo situados a través ou ao redor dos ollos e, a miúdo, sófrese no mesmo momento todas as noites. Mioxénico ou muscular. Parecen implicar o endurecemento ou a tensión dos músculos faciais e do pescozo, e poden irradiar na cara. A cefalea tensional é a forma máis común desta categoría de dor de cabeza. Cervicoxénica. Dores de cabeza de orixe cervical que proceden dos trastornos do pescozo, incluídas as estruturas anatómicas innervadas polas raíces cervicais C1-C3. De tracción ou inflamación. Son síntomas inflamatorios doutros trastornos, que van desde os accidentes cerebrovasculares en infeccións dos seos paranasais. Inclúense varios tipos de dores de cabeza xa mencionados como a cefalalxia tensional, a migraña, e moitos outros.

Clasificación e etioloxía A cefalalxia en realidade é un síntoma que pode estar orixinado por unha interminable lista de causas. A Sociedade Internacional de Cefaleas (International Headache Society IHS) publica unha clasificación actualizada periodicamente, na cal explícanse de forma detallada as distintas orixes de está afección.

Cefalalxias primarias Supoñen en torno ao 78% das cefalalxias, tenden a non ser graves, aínda que a dor pode ser moi intenso: Xaqueca miniatura|Unha persoa con dor de cabeza Ver artigo princiapal: Xaqueca

A xaqueca ou hemicrania é un tipo de cefalalxia moi intensa, que pode acompañarse de certos avisos previos, denominados aura. Esta aura antecede ao episodio migrañento e pode ser de varios tipos. Un dos máis comúns é a aura oftálmica, na que o paciente ve unha serie de lampos ou alteracións na súa visión.

Xeralmente a xaqueca causa unha dor incapacitante, e é motivo de baixa laboral. A dor é pulsátil, é dicir, vai e ven en cuestión de segundos. Normalmente comeza nunha parte localizada do cranio para logo espallarse por todo el. A frecuencia de xaqueca é moi variable entre persoas, polo que existen enfermos con episodios ao ano, episodios ao mes, á semana e nalgúns casos cada poucos días.

Durante o proceso, que pode durar ata 3 días, o enfermo padece dor ante sons fortes (fonofobia) e molestias ante a luz (fotofobia). O repouso en cama e o sono axudan á conclusión do episodio. Noutras ocasións é preciso percorrer á medicación. Os antiinflamatorios non esteroides, coma o paracetamol ou o ibuprofeno adoitan ser pouco ou nada efectivos. A carbamacepina e a ergotamina son bos medicamentos. No caso de que unha persoa sufrise de moitos episodios, pode administrarse un tratamento preventivo.

Nuns poucos casos, a xaqueca perpetúase no tempo, enlazando unha xaqueca con outra. É o denominado status migrañento e é unha doenza que require hospitalización e tratamento endovenoso. O mantemento deste estado pode dar lugar a complicacións graves, por exemplo vasculares.

Cefalalxia tensional Ver artigo principal: Cefalea tensional

Xunto coas xaquecas, é o outro meirande tipo de cefalalxia. A causa é a contracción dos músculos da cabeza ou do pescozo. En moitas ocasións hai causantes coma o estrés ou substancias coma a cafeína. Trátase dunha dor opresiva, como se existise un casco que oprime a testa. Por norma xeral non é unha dor grave nin incapacitante, polo que habitualmente a persoa mantén as súas actividades normais. O exercicio adoita mellorar a dor. O tratamento pode requirir medicación preventiva constante se os ataques son moi frecuentes, ademais do tratamento da dor aguda cando este é moi intenso. Se é preciso pódense empregar medicamentos, preferentemente antiinflamatorios non-esteroides, paracetamol ou metamizol.

Cefalalxia en acios miniatura|220px|dereita|A cefalalxia en acios (The Cluster Headache) debuxo de JD Fletcher. Ver artigo princiapal: Cefalea en acios

É outro tipo de cefalalxia primaria, con dor en salvas, xeralmente localizados por encima do ollo, no arco supraciliar ou en zonas próximas. As salvas poden ser máis ou menos frecuentes, con posible espallamento por todo o cranio.

Cefalalxia hemicrania paroxística crónica ou hemicrania continua Ver artigo princiapal: Hemicrania continua