Frank John Fenner, nado o 21 de decembro de 1914 e finado o 22 de novembro de 2010, foi un científico e médico australiano cunha importante carreira no campo da viroloxía. Os seus dous logros máis senlleiros foron a supervisión da campaña para a erradicación da varíola, e o uso do virus da mixomatose como ferramenta para controlar a praga de coellos que ateigaba Australia.

Distincións e recoñecementos Fenner recibiu múltiples recoñecemento a longo da súa carreira. Entre os máis destacados figuran:

Membro da Orde do Imperio Británico, 1945 Premio Xapón en Medicina preventiva, 1988 (compartido con Donald Henderson eIsao Arita) Medalla Copley da Real Sociedade de Londres, 1995 Premio Mundial de Ciencias Albert Einstein do Consello Cultural Mundial, 2000 Clunies Ross Lifetime Contribution National Science and Technology Award, 2002 Medalla da Organización Mundial da Saúde Medalla Mueller da Australian and New Zealand Association for the Advancement of Science, 1964 Medalla ANZAAS da Australian and New Zealand Association for the Advancement of Science, 1980 ANZAC Peace Prize Medalla Matthew Flinders Premio de Medicina da Australia Británica Premio de Ciencia do Primeiro ministro de Australia, 2002 ACT Senior Australian of the Year, 2005 A Australian National University deu o seu nome a dous edificios: un que alberga a Medical School and Faculty of Science e unha residencia universitaria. O John Curtin School of Medical Research creou en 1995 a Medalla Frank Fenner para premiar a mellor tese de doutoramento presentada na escola.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Emeritus Professor Frank Fenner Online Guide to Records at the South Australian Museum Archives Australian Academy of Science—Interview with Professor Frank Fenner Australian War Memorial Honours and Awards Database

Categoría:Biólogos de Australia Categoría:Científicos de Australia Categoría:Nados en Victoria, Australia Categoría:Nados en 1914 Categoría:Finados en 2010 Categoría:Médicos de Australia Categoría:Varíola Categoría:Personalidades sen imaxes