WikiLeaks non é un proxecto da Fundación Wikimedia. thumb WikiLeaks (WikiFiltracións ou WikiFugas en inglés) é unha organización internacional dos medios de comunicación e sen ánimo de lucro que publica a través do seu sitio web informes anónimos e documentos filtrados con contido sensíbel en materia de interese público, preservando o anonimato das súas fontes.Wikileaks: de como destapar escándalos en Internet, El País, 26/7/2010 O lanzamento da páxina web realizouse en decembro de 2006, e a súa actividade comezou en xullo de 2007 e desde esta data a súa base de datos creceu constantemente até acumular 1,2 millóns de documentos. Está xestionado por The Sunshine Press.
Historia e características A organización ofrécese a recibir filtracións que desvelen comportamentos non éticos por parte de gobernos, relixións e empresas de todo o mundo, e concretamente dos países que consideran que teñen réximes totalitarios. Polo de agora as actividades máis destacadas de WikiLeaks centráronse na actividade exterior dos Estados Unidos, especialmente en relación coas guerras de Iraq e de Afganistán.Iraq and Afghan War Diaries na páxina principal de Wikileaks
WikiLeaks descríbese a si mesma como unha organización fundada por disidentes chineses, así como por periodistas, matemáticos e tecnólogos de empresas start-up dos Estados Unidos, Taiwán, Europa, Australia e Suráfrica. Os creadores de WikiLeaks non foron formalmente identificados. Un dos seus asesores, editor xefe e actual director é o australiano Julian Assange. O voceiro, desde setembro de 2010, é Kristinn Hrafnsson, despois da renuncia de Daniel Domscheit-Berg, o cal planea fundar o seu propio portal de filtracións.Revelacións en WikiLeaks documentan crimes tolerados polos EEUU en Iraq, 22/10/2010, CNN, México
A pesar do seu nome, Wikileaks non é un sitio wiki habitual, xa que actualmente os lectores que non teñen os permisos adecuados non poden cambiar o seu contido. WikiLeaks usa unha versión modificada do software de MediaWiki e o seu servidor principal está aloxado no ISP sueco PRQ.Así figuraba na base de datos de RIPE o 4 de outubro de 2009. Para protexer o anonimato dos seus informantes, WikiLeaks utiliza OpenSSL, Freenet, Tor e PGP. En agosto de 2010 o Partido Pirata sueco firmou con Wikileaks un acordo para aloxar a súa páxina web e poder conseguir a inmunidade da súa páxina. Non obstante, debido á derrota electoral deste partido, non prosperou a iniciativa de ofrecer inmunidade a Wikileaks.Wikileaks e Pirate Bay non terán inmunidade parlamentaria
Ante os ataques de denegación de servizo (DDoS), pola filtración Cable Gate o 30 de novembro de 2010 WikiLeaks traslada a súa información aos servidores Amazon EC2 de computación en nube de Amazon.A web de Wikileaks trasládase aos servidores de Amazon, Público, 1/12/2010 O día 1 de decembro Amazon, ante as presións do senador Joe Liebermann, deixa de albergar a WikiLeaks. WikiLeaks, a través de Twitter, sinala que se Amazon está en contra da Primeira Emenda debería deixar de vender libros"Estados Unidos estrecha el cerco sobre Wikileaks", artigo en El País, 1 de decembro de 2010 ..
Filtracións máis relevantes 200px|miniatura|Julian Assange, fundador da WikiLeaks. Informe da intelixencia estadounidense acerca de Wikileaks O 15 de marzo de 2010 Wikileaks publicou un informe do Departamento de Defensa dos Estados Unidos no cal trataba varias filtracións protagonizadas por esta web relacionadas con intereses estadounidenses e propoñía diversas vías para marxinala.
Vídeo de asasinato de xornalistas O día 5 de abril de 2010 WikiLeaks publicou un vídeoUn video muestra cómo el Ejército de EEUU mata a un fotógrafo de Reuters. Público. 5 de abril de 2010 onde se ven soldados estadounidenses asasinando o reporteiro de Reuters Namir Noor-Eldeen, o seu axudante e nove persoas máis, algunhas delas cando ían recoller os mortos e feridos. Vese claramente que ningún deles fixo o amago de atacar o helicóptero Apache desde o cal lles dispararon: nin tan sequera o miraron. Aínda que a axencia Reuters solicitou en numerosas ocasións o material, negóuselles até que WikiLeaks o conseguiu inédito e puxo en xaque o aparato militar dos Estados Unidos, manchando a imaxe deste exército no mundo"El vídeo de la matanza de EEUU triunfa en YouTube", artigo de Europa Pressen Público, 7 de abril de 2010 .. O material foi subministrado por Chelsea Manning.
O exército dos Estados Unidos negou que incumprise as súas normas de enfrontamento.
Diarios da Guerra de Afganistán: 31 de xullo de 2010 (Afghan War Diary) En relación coa Guerra de Afganistán iniciada en 2001, o 25 de xullo de 2010 os periódicos The Guardian,Afghanistan war logs: Massive leak of secret files exposes truth of occupation, The Guardian, Nick Davies and David Leigh, 25/7/2010Wikileaks' Afghanistan war logs: how our datajournalism operation worked, The guardian, guardian.co.uk, Simon Rogers, 27/7/2010 The New York TimesIn Disclosing Secret Documents, WikiLeaks Seeks ‘Transparency’, The New York Times, Eric Schmitt, 25 de xulio de 2010Editorial: Pakistan’s Double Game, The New York Times, 26 de xullo de 2010 e Der SpiegelThema Wikileaks, Spiegel Online, 26/7/2010 fixeron públicos un conxunto duns 92.000 documentos sobre a guerra de Afganistán entre os anos 2004 e 2009. Estes chegaron a través de Wikileaks sen compensación económica á páxina.
Entre os documentos inclúense sucesos non revelados até aquela altura: vítimas civís provocadas por soldados dos Estados Unidos e por soldados dos países aliados, fogo amigo, conexións entre a intelixencia paquistaní e os talibáns insurxentes.Amy Goodman. WikiLeaks lo hizo de nuevo, en Sin Permiso, tradución do orixinal en democracy now, 1/8/2010Wikileaks afghan war diary, en democracy now Outros documentos, ao redor de 15.000, non foron liberados por falta de comprobar que non supoñan un perigo para xente inocente, namentres que outros non serán filtrados polo mesmo motivo.
O goberno dos Estados Unidos acusou a WikiLeaks de pór en perigo a vida de civís aos que se tomou declaración para elaborar os informes militares. O fundador de WikiLeaks, Julian Assange, manifestou que a Casa Branca estaba informada unha semana antes da publicación co obxecto de "minimizar a aparición dos nomes dalgúns informantes". Segundo Assange, o Goberno dos EEUU negouse a colaborar e non deu resposta ningunha.WikiLeaks se defiende de las acusaciones de EEUU, Público, 29/7/2010 Estes contactos previos á publicación foron negados polo Pentágono.
O 29 de xullo colgouse na páxina un arquivo denominado Insurance file ("Arquivo seguro" en inglés). O arquivo, de 1,4 GB, está cifrado con AES polo que se precisa dunha clave, de 256 bits, para o descifrar. Especúlase con que se trataría dunha filtración cuxo contrasinal se faría pública en caso de que Wikileaks sufrira algún ataque grave, como a detención de Julian Assange.
Rexistros da Guerra de Iraq: 22 de outubro de 2010 (Irak War Logs)
O 22 de outubro de 2010 Wikileaks publícase Irak War Logs (Documentos da guerra de Iraq), 391.831 documentos filtrados desde O Pentágono (sede do Departamento de Defensa dos Estados Unidos) sobre a guerra de Iraq e a súa ocupación entre o 1 de xaneiro de 2004 e o 31 de decembro de 2009 nos que se revelan, entre outros asuntos, o uso sistemático de torturas, a cifra de 109.032 mortos en Iraq -dos que 66.081 foron civís, o 63%; 23984 'inimigos etiquetados como insurxentes'; 15.196 do "país anfitrión" (as forzas do goberno iraquí) e 3.771 foron mortos "amigos" (forzas da coalición)-. Cada día, de media, morreron 31 civís, durante un período de seis anos. Nos 'Diarios da Guerra Afgá', publicado anteriormente por Wikileaks, que abrangue o mesmo período, morreron unhas 20.000 persoas. Ademais do número de mortos e outros crimes,Los crímenes de Irak se revelan al mundo, El País, 24/10/2010 a filtración confirma a axuda de Irán ás milicias iraquís. Como na filtración dos Diarios da Guerra de Afganistán o seguimento da filtración fíxose a través da páxina de wikileaks e das edicións dixitais de The GuardianIraq war logs: secret files show how US ignored torture, The Guardian, 22/10/2010 e The New York Times,The War Logs, The New York Times Le Monde,Irak : l'horreur ordinaire révélée par Wikileaks, Le Monde, 23/10/2010 Der Spiegel,Iraq War Logs. Der Spiegel Al JazeeraSecret Iraq Files . Al Jazeera English. e o Bureau of Investigative Journalism.iraqwarlogs.com Bureau of Investigative Journalism thebureauunviestigates.comWikileaks revela que EE UU permitió torturas sistemáticas en Iraq, El País, 22/10/2010páxina de wikileaks, consultada o 23 de outubro de 2010Estados Unidos permitiu torturas sistemáticas en Irak, Público, 23/10/2010
The Guardian informou que o 21 de outubro recibira todos os documentos. O 22 de outubro de 2010 Al Jazeera, adiantándose media hora ao horario establecido, lanzou a filtración denominada Rexistros da Guerra de Irak. Pouco despois de que o material de orixe estivese dispoñíbel nos medios indicados colgouse na páxina WikiLeaks con funcións de buscas, debido á cantidade de material filtrado. A BBC, citando o Pentágono, considera os Rexistros da Guerra de Irak "a maior filtración de documentos clasificados da súa historia."
Segundo Julian Assange, os documentos da guerra de Iraq publicados reflicten a verdade da guerra de Iraq:O fundador de Wikileaks: "Os documentos revelan a verdade da guerra de Irak", A ONU pide aos Estados Unidos que investigue as torturas que revelan os novos documentos publicados por wikileaks, El País, 23/10/2010 as autoridades estadounidenses deixaron sen investigar centos de informes que denunciaban abusos, torturas, violacións e incluso asasinatos cometidos sistematicamente pola Policía e o Exército iraquí, aliados das forzas internacionais que invadiron o país. Oficiais británicos e estadounidenses insistían até agora en que non había rexistro oficial das vítimas. Os informes, apoiados por evidencias médicas, describen a situación de prisioneiros cos ollos vendados, coas mans atadas, recibindo golpes, lategazos e soportando descargas eléctricas. Todas estas torturas foron realizadas co coñecemento do Pentágono, das autoridades militares e políticas dos Estados Unidos e tamén doutras forzas internacionais que participaron na guerra de Irak (basicamente Gran Bretaña xunto cos EUA). A pesar de que non consta que os soldados estadounidenses realizasen abusos, si que utilizaron a ameaza de abusos por parte das forzas iraquís para obter información dos detenidos.Wikileaks revela que EE UU permitiu torturas sistemáticas en Irak, El País, 22/10/2010
Os papeis do Departamento de Estado (Cable Gate)