Furniture + 2 é un EP da banda estadounidense de post-hardcore Fugazi, editado en outubro do 2001 polo selo Dischord Records. Foi gravado en xaneiro e febreiro do 2001, ao mesmo tempo que o seu derradeiro álbum, The Argument.

Os temas "Furniture" e "Hello Morning" son de finais dos anos 80, e de feito "Furniture" foi interpretada no primeiro concerto da banda en 1987. Partes de "Number 5" proveñen de "Turkish Disco", unha canción gravada como demo en 1997 e editada en Instrument Soundtrack en 1999.

Listaxe de cancións "Furniture" – 3:35 "Number 5" – 3:09 "Hello Morning" – 2:06

Categoría:EPs musicais de 2001 Categoría:EPs de Dischord Records